diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Galicia

O Bono Deporte da Xunta chegará a 135.000 deportistas de entre 6 e 16 anos

  • 18 de octubre de 2023
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, trasladoulle a representantes das federacións deportivas da comunidade os beneficios do Bono Deporte para fomentar a práctica de actividade física e o deporte base entre as xeracións máis novas, ao mesmo tempo que se impulsa o comercio galego e se apoia ás familias nestes momentos marcados pola inflación nos gastos que lles supoñen as actividades deportivas nas que participan os seus fillos e fillas.

Ao encontro asistiron representantes das federacións deportivas galegas de balonmán, atletismo, boxeo, esgrima, patinaxe, taekwondo, voleibol, natación e salvamento e socorrismo. Por parte da Xunta tamén acudiron o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor. 

Diego Calvo explicou, ao remate do encontro, que o Bono Deporte é a medida estrela dos orzamentos da Vicepresidencia Primeira da Xunta para 2024, cunha contía total de 16,2 millones de euros e un valor de 120 euros para cada bono. Prevese que xa se poida usar en xaneiro despois de que nas próximas semanas se publique a orde de adhesión dos establecementos comerciais e entidades prestadoras do servizo. 

De feito, co Bono Deporte pódense sufragar tanto as compras de material e equipamento deportivo como a a asistencia a clases ou a realización de actividades deportivas. Así, descontarase un 80% de cada compra ata esgotar 120 euros. Esta novidosa iniciativa que, segundo Diego Calvo, segue experiencias similares como o Bono Comercio ou o Bono Cultura, calcúlase que chegue a 135.000 beneficiarios de 6 a 16 anos, ambos inclusive, que practiquen algunha disciplina deportiva con licenza federada ou estean inscritos no programa Xogade.

Segundo explicou o vicepresidente primeiro, o Bono Deporte enmárcase no compromiso da Xunta co deporte base e complementa outras medidas pioneiras en Galicia como o seguro gratuíto para participantes do programa Xogade, cun orzamento de 4,3 millóns ata 2024. Precisamente a nova convocatoria deste programa conta con 17 actividades e 39 federacións deportivas adheridas co obxectivo de promover a práctica da actividade física e deportiva entre a poboación escolar.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.