diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Arsenio Iglesias contará cunha rúa en Riazor dende o próximo xoves

  • 26 de abril de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O Concello da Coruña anunciou esta mañá que Arsenio Iglesias Pardo contará cunha rúa en Riazor, tal e como se comprometera en marzo de 2020 co nomeamento da lenda do Real Club Deportivo co título de ‘Fillo Adoptivo’ da cidade. O vindeiro 5 de maio farase un ano do seu falecemento, que reuniu a milleiros de persoas nun emotivo velorio no estadio de Riazor. Con motivo desta efeméride, o Goberno municipal quixo dedicarlle unha rúa a quen foi un dos máis queridos adestradores do Deportivo.

O acto terá lugar o vindeiro xoves 2 de maio ás 19.00 horas na futura «Travesía Arsenio Iglesias», o paso que une a avenida da Habana coa rúa Manuel Murguía xunto á Torre de Maratón.

Arsenio foi unha das figuras máis destacadas do Real Club Deportivo nos seus 116 anos de historia, sendo o adestrador que máis partidos oficiais dirixiu do primeiro equipo, con 568. Como xogador, disputou un total de 146 partidos e anotou 34 goles. Para o recordo sempre quedarán a heroica salvación do descenso a Segunda B na tempada 1987-1988, o ascenso a Primeira División ante o Real Murcia no 1991, o subcampionato de Liga no curso 1993-1994 e a Copa do Rei de 1995, segundo título oficial do club. Ademais, unha vez retirado, foi director das Escolas Deportivas Municipais de Fútbol Base.

Esta iniciativa súmase ás postas en marcha polo Concello para o recoñecemento de Arsenio Iglesias, como foi o renomeamento da Cidade Deportiva da Torre como Cidade Deportiva «Arsenio Iglesias» en decembro de 2020.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.