diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Galicia

O Plan Único da Deputación da Coruña inviste 100 millóns de euros nos concellos da provincia en 2024

  • 25 de abril de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O Plan Único da Deputación da Coruña superará en abril os 100 millóns de euros, unha cifra récord que se destinará a financiar obras, gasto corrente, servizos públicos e iniciativas de carácter social nos 93 concellos da provincia.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o vicepresidente, Xosé Regueira Varela, e a deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios, Cristina García Rey, presentaron hoxe as novidades do POS+2024, que suma aos 50,5 millóns de euros que xa tiña consignados no orzamento inicial do 2024 outros 50 millóns de euros que se aprobarán no pleno de mañá venres no marco dun expediente de modificación de créditos.

Formoso destacou o «cambio revolucionario» que supuxo o Plan Único na forma de facer política da institución provincial, xa que multiplicou por tres o investimento da Deputación nos concellos e deulles «total autonomía» á hora de decidir en qué invisten os fondos.

«Xa non hai plans de piscinas ou de campos de fútbol de herba artificial que obrigaban aos concellos a facer estas infraestruturas, as necesitaran ou non, ou a perder os fondos. Hoxe os concellos da provincia poden decidir a que destinan os seus recursos da Deputación», afirmou Valentín González Formoso, que destacou que o POS+ alcanzará en 2024 a «cifra récord» de 100,5 millóns de euros para financiamento local.

«Desde a súa creación en 2017, o Plan Único supuxo máis de 718 millóns de investimento nos concellos, máis de 4.000 obras e miles de servizos básicos que melloran a calidade de vida da cidadanía nos 93 concellos da provincia», afirmou Formoso, que destacou ademais que o plan «é un gran axente dinamizador da economía, que supuxo o mantemento de máis de 13.000 empregos na provincia», subliñou.

O vicepresidente, Xosé Regueira, secundou que se trata dun «plan revolucionario» e que permite o financiamento da «maioría da obra pública dos concellos». O financiamento local, apuntou, «é a gran materia pendente do estado e, conscientes diso, dende a Deputación queremos apoiar aos nosos 93 concellos a través deste Plan Único que, ademais, asumen cada vez máis competencias».

Pola súa parte, a deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García Rey, sinalou que «a mellor parte vén cando estes cadros cheos de cifras se converten en realidades, en melloras na accesibilidade de rúas e espazos públicos, melloras de centros educativos e deportivos municipais, creación de xardíns e zonas verdes, obras de pavimentación, saneamento e abastecemento de auga en núcleos rurais ou novos sistemas de alumeado público» grazas a un plan que, ademais, «lles permite aos concellos soster servizos públicos básicos coma o alumeado público, a recollida de lixo ou a limpeza viaria».

«En definitiva», engadiu, «é unha ferramenta mellora a vida da cidadanía en todos os concellos da provincia, pero especialmente naqueles máis pequenos, xa que para os 82 concellos de menos de 20.000 habitantes o importe recibido a través do POS pode supor desde un 5-10% do orzamento no caso dun concello mediano e até 20-30% para os máis pequenos».

O Plan Único supón unha das liñas estratéxicas do goberno da entidade provincial. «Somos conscientes da realidade que viven os nosos concellos e por iso continuamos a apostar por afortalar o Plan Único, e as cifras expostas que seguen a tendencia á suba dos últimos anos, son a mellor demostración do noso compromiso cos 93 concellos da provincia» concluíu García Rey.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad