diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

O BNG reclámalle ao Concello a Ordenanza da Mobilidade á que se comprometeu no verán de 2020

  • 25 de enero de 2023
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

Era xuño de 2020 e coa pandemia dificultando cada aspecto do día a día, o daquela concelleiro de Mobilidade Juan Villoslada anunciou que o Concello tiña a intención de impulsar unha Ordenanza da Mobilidade. Meses despois iniciouse unha ronda de consultas que se poderían incorporar ata novembro. Hoxe, a finais de xaneiro de 2023, non hai nin rastro desa Ordenanza.

Desde o BNG reclámanlle ao Goberno de Inés Rey saber que foi desa intención á que o grupo nacionalista fixo achegas centradas en cuestións relativas á accesibilidade, á regulación dos vehículos de mobilidade persoal (VMP), mobilidade ciclábel e peonil e aparcadoiros.

Todos eles temas de actualidade hoxe e problemas que seguen esperando solución. E aos que hai que engadir tamén a barra libre coas terrazas, outra das grandes preocupacións dos veciños… e dos hosteleiros, que continúan a espera de novidades por parte de María Pita. Hai un ano que dende o Concello se colocaba como reto principal culminar as ordenanzas de mobilidade e a de terrazas. Ambas están aínda á espera.

Nos últimos meses, as queixas no eido da mobilidade foron constantes por parte dos veciños, sobre todo no que se refire aos cambios imprevistos nas rúas da cidade e tamén nas dificultades que atopan as persoas con mobilidade reducida.

A edil nacionalista Avia Veira cre que o Goberno local ten que deixar de perder o tempo con cuestións menores. Pide resposta sobre se a Ordenanza de Mobilidade continúa en fase de redacción e por que non se remataron os traballos comprometidos en 2022: «En todo o ano non soubemos nada sobre a Ordenanza. Mentres tanto, asistimos mes a mes a Plenos en cuxas ordes do día os asuntos resolutivos do Goberno adoitan ser cuestións mínimas, sen que se dea impulso a tarefas pendentes tan importantes coma esta».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.