diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Vida
  • Culturas

Maiores e alumnos do instituto Manuel Murguía de Arteixo participan nun proxecto de investigación da Universidade de Santiago

  • 30 de abril de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

Un grupo de maiores con traxectorias migratorias e repertorios lingüísticos diversos,  coordinados pola Concellería de Maiores, que dirixe Fina Zas no Concello de Arteixo, participará co estudantado do IES Manuel Murguía na Olimpíada Trocando Linguas, que se celebrará o próximo xoves día 2 de maio na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

A Olimpíada Trocando Linguas é o acto final das actividades de investigación participativa e de transferencia “Trocando Linguas” que se desenvolveron no marco  do proxecto de investigación I+D+I EquilinGalicia: Espazos de transformación sociolingüística no contexto educativo galego: axencia dos falantes, repertorios multilingües e prácticas (meta)comunicativas.

No marco deste proxecto e coordinados polas investigadoras da USC, Gabriela Prego, María Caamaño, Marta Estévez, e Luz Zas o estudantado dos centros educativos IES Manuel Murguía (Arteixo), IES do Milladoiro (Ames) e IES Perdouro (Burela) realizaron unha investigación en co-labor sobre os repertorios lingüísticos familiares e a diversidade lingüística dos diferentes concellos co fin de propiciar o intercambio de experiencias lingüísticas e reflexionar sobre a intermediación lingüística.

Para isto contaron tamén coa colaboración do grupo de maiores de Arteixo, coordinados pola Educadora Animadora Social Pitusa Vaamonde do Concello de Arteixo. Os maiores participaron en calidade de “persoas expertas” polas súas traxectorias migratorias e traballaron cóbado con cóbado cos rapaces e rapazas. O estudantado, acompañado polas docentes: Patricia Calviño, Cathia Capelán, Valentina Formoso, Mª Jesús Mourín, Bernardo Penabade, Teresa Seara e Alexandra Recarey e guiados polas investigadoras da USC, desenvolveron un traballo etnográfico en diferentes fases e con diversas actividades: xogos lingüísticos, dramatizacións, entrevistas na rúa e faladoiros coas persoas maiores, 

Os resultados da investigación serán mostrados no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía, o xoves 2 de maio, a partir das 10.30 horas, con retransmisión en vivo. Estará presente o Decano da Facultade de Filoloxía, Elías Feijo Torres e a comunidade académica da Facultade. As investigacións pasarán a formar parte do Atlas Virtual para a Educación Lingüística na Superdiversidade. As actividades articúlanse metodolóxicamente en torno á chamada ciencia cidadá orientada á comprensión da vida social e, por tanto, tamén da presenza das linguas nos diferentes espazos públicos que nos rodean na vida cotiá; neste caso, a diversidade lingüística e a intermediación lingüística dos diferentes centros educativos e concellos de Galiza.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad