diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

A Deputación constitúe a Comisión para a xestión do maior estudo virtual de España

  • 15 de mayo de 2024
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña, co obxectivo de situar a Galicia no futuro da industria audiovisual e sendo consciente da fortaleza do talento creativo das empresas do sector, constitúe a Comisión político-técnica que supervisará a execución e posterior modelo de xestión do plató virtual Coruña Estudo Inmersivo (CEI).

Formoso subliña «a complexidade deste proxecto debido ao seu importe económico, cunha previsión inicial dun investimento de 8 millóns de euros que pode aumentar; pola participación de distintas administracións e pola súa especificidade, pois só hai un plató coas mesmas características en toda Europa».

Durante a súa intervención destacou a «importancia de dar luz e transparencia a todos os pasos que se van dando neste proxecto, por iso se constituíu esta comisión político-técnica que aglutina a todos os axentes implicados: a parte técnica da Deputación, o Clúster audiovisual galego e os diferentes grupos políticos».

A devandita comisión está integrada por representantes políticos e técnicos dos distintos servizos da Deputación que participan no proxecto e do Clúster audiovisual galego, que agrupa as principais empresas do sector en Galicia.

A posta en marcha dunha comisión destas características supón un fito significativo para facer realidade a colaboración público-privada deste proxecto, establecendo un espazo común de toma de decisións que combine a axilidade e a visión comercial do sector privado xunto coa formulación estratéxica de políticas públicas que resultan tractoras para crear emprego, fixar poboación e dinamizar o territorio.

O proxecto céntrase na creación dun plató que permitirá xerar contidos de realidade virtual para o eido cinematográfico, televisivo, publicitario e de videoxogos, ao mesmo tempo que serán de aplicación en sectores como a educación ou o turismo.

A comisión político-técnica xogará un papel fundamental para acordar o modelo de gobernanza que se aplicará á xestión do plató virtual tendo en conta a viabilidade económica e financeira do proxecto.

En concreto, o programa de traballo previsto contempla a análise dos posibles modelos de xestión, o deseño do regulamento de servizo ou o estudo da viabilidade económico-financeira do centro, ata chegar a formular unha proposta definitiva sobre eles. O prazo estimado para a realización dos citados traballos, que teñen previsto o seu inicio no mes de outubro, fixouse entre dous e tres meses.

A comisión conta coa colaboración de diferentes entidades favorecendo así a creación de alianzas que permitan o desenvolvemento de proxectos de vangarda que fagan de Galicia un referente no panorama internacional da creación audiovisual.

Esta primeira reunión da Comisión político-técnica presidida polo presidente da Deputación da Coruña contou con representantes de todos os grupos políticos provinciais, o grupo Provincial do Partido Popular, Grupo Provincial do Partido Socialista, Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego, Grupo Provincial de Alternativa dos Veciños.

Tamén contou con representantes do Clúster Audiovisual Galego, e de persoal dos servizos de Intervención, Secretaria Xeral, Servizo de Patrimonio e Contratación, Servizo de Arquitectura e Mantemento, do Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica.

O persoal técnico da Deputación da Coruña expuxo a evolución das obras do plató virtual localizado na Cidade das TIC que, cunha superficie en planta de máis de 2.000 m2, suporá a construción do maior estudo virtual de España.

A súa construción e posta en marcha é posible grazas a un investimento de case 8 millóns de euros, dos que 5 millóns están financiados a través dos fondos do Plan de Recuperación do Goberno de España e arredor de 3 millóns con fondos propios da Deputación da Coruña.

O liderado deste proxecto por parte do organismo provincial supón un fito estratéxico na axenda política da Deputación da Coruña, representando unha aposta firme, dimensionada e irrenunciable para consolidar non só a provincia senón á comunidade como un polo de desenvolvemento e atracción do sector audiovisual competitivo a nivel internacional.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.