diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Culturas
  • Vida

A Deputación presenta ‘un maio de jazz’ con concertos gratuítos no Teatro Colón

  • 8 de mayo de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A área de cultura da Deputación da Coruña presentou esta mañá o ciclo «Maio Jazz», unha programación de concertos gratuítos de jazz que se desenvolverá durante todo o mes no Teatro Colón. A deputada, Natividade González, foi a encargada de dar a coñecer os detalles do ciclo, acompañada dos músicos Charo Quicler & Band e Xosé Miguélez, que forman parte do programa.

Todos os concertos serán ás 20h, e o acceso é de balde previa retirada de entradas na páxina web de ataquilla. O vindeiro sábado día 11 dará comezo o «Maio Jazz» coa actuación de Marcos Coll, e continuará o día 12 con Xacobe Martínez Antelo Quinteto; o 19 con Xosé Miguélez & Jean – Michel Pilc Quartet; o 25, con Miguel Seoane Trío e o 26 con Charo Quicler & Band.

A deputada sinalou que «estamos de parabéns porque comeza o mes de maio e para nós é un referente, aquí no Teatro Colón, porque comeza o Maio Jazz do departamento de Cultura da Deputación». Natividade González animou á veciñanza da provincia a sumarse «a esta gran cita cun cartel único e excepcional, cos mellores artistas a nivel nacional e internacional, e que vai despertar unha gran expectación. De feito, cónstanos que hai xa un número moi importante de entradas reservadas, así que todas as persoas que teñan interese polo jazz, que non se despisten, pois quedan xa poucas butacas lbres para nos acompañar».

Pola súa parte, a música Charo Quicler destacou a «repercusión» que supón para «os nosos músicos de jazz». Agradeceu a oportunidade de poder tocar nun espazo como o Teatro Colón e animou ao público a «desfrutar do mellor jazz». Tamén fixo fincapé na importancia de apostar polas mulleres artistas no ámbito do jazz, onde «hai unha importante brecha de xénero».

Xosé Miguélez referiuse ao Maio Jazz como un «festival de jazz de referencia, que vai no camiño de converterse nun dos máis importantes a nivel galego» e felicitou a área de cultura da Deputación por apostar por unha programación «cun equilibrio moi bo entre músicos locais e internacionais». «É unha honra», engadiu, «participar neste ciclo que ademais nos brinda a oportunidade de xuntarnos», e felicitou á Deputación polo bo traballo na promoción do jazz e do talento da provincia.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad