diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

A travesía Arsenio Iglesias xa loce no estadio de Riazor

  • 2 de mayo de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

Este xoves celebrouse o acto de presentación da travesía de Arsenio Iglesias, na vía onde se asentaba a antiga bancada de General do estadio municipal de Riazor. A familia de Arsenio Iglesias Pardo estivo acompañada por membros da corporación municipal ademais de diferentes autoridades, entre elas o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, e o presidente do Real Club Deportivo, Álvaro García Diéguez.

O acto enmarcouse no primeiro aniversario do falecemento do ex-xogador e ex-adestrador do Deportivo. “A Coruña ten memoria e coida os seus símbolos. E entre eles, destaca cunha luz tan ampla como a do noso Faro da Torre a figura de Don Arsenio Iglesias Pardo, que nos deixaba hai un ano, pero ao que lembramos todos os días”, sinalou Inés Rey durante a súa intervención. A rexedora destacou o carácter simbólico que ten esta vía escollida para acoller a nova travesía, pois era onde estaba a antiga bancada de General, antes da reforma do estadio de Riazor, a mediados da década dos 90. “Por aquí seguen entrando as masas deportivistas máis populares e animosas, aquelas que estableceron un emocionante idilio social con Arsenio”, dixo Inés Rey.

“Non hai Dépor sen Arsenio e non se pode entender A Coruña e Galicia sen Arsenio, sen contar coa súa sabedoría, coa súa retranca, coa súa capacidade no fútbol e na vida, sen a súa orde e talento”, destacou a alcaldesa. Coa concesión desta vía a Arsenio Iglesias o Concello fai efectivo o compromiso acadado por todos os partidos da corporación municipal en marzo de 2020 co nomeamento da lenda do Real Club Deportivo co título de Fillo Adoptivo da cidade. Ademais de Inés Rey, tamén interviñeron durante o acto Antonio Iglesias, fillo de Arsenio Iglesias Pardo, e Carlos Ballesta, conselleiro do Real Club Deportivo e segundo adestrador de Arsenio.

Arsenio foi unha das figuras máis destacadas do Real Club Deportivo nos seus 116 anos de historia, sendo o adestrador que máis partidos oficiais dirixiu do primeiro equipo, con 568. Como xogador, disputou un total de 146 partidos e anotou 34 goles. Para o recordo sempre quedarán a heroica salvación do descenso a Segunda B na tempada 1987-1988, o ascenso a Primeira División ante o Real Murcia no 1991, o subcampionato de Liga no curso 1993-1994 e a Copa do Rei de 1995, segundo título oficial do club. Ademais, unha vez retirado, foi director das Escolas Deportivas Municipais de Fútbol Base.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad