diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

A Coruña ofrece este verán máis de 7.000 plazas en campamentos infantís

  • 20 de mayo de 2022
  • Marta Arias
Total
0
Shares
0
0

O Concello da Coruña ofrece este verán 7.251 prazas nos campamentos infantís que organizan as distintas áreas municipais. Son, según apuntan desde María Pita, 945 prazas máis que o ano pasado, para que as nenas e nenos da Coruña poidan gozar de todo tipo de actividades de lecer, aire libre, deporte e inmersión lingüística, facilitando a conciliación das familias durante as vacacións escolares.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, acompañada de Jesús Celemín, concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego; Diana Cabanas, concelleira de Comercio, Mercados e Barrios; e Mónica Martínez, concelleira de Deportes, presentó a oferta municipal de campamentos e sinalou que “o aumento de prazas débese á posibilidade de ampliar os grupos de participantes unha vez finalizadas as restricións ocasionadas pola pandemia e á incorporación dunha nova sede nos campamentos deportivos, a da Cidade Deportiva da Torre-Arsenio Iglesias, que inclúe o frontón da cidade deportiva e parte das súas instalacións, combinado coa piscina de Santo Amaro”.

Os principais incrementos de prazas prodúcense nos campamentos urbanos dos Centros Cívicos, que ofrecen 2.250 prazas, un 40 % máis que o ano pasado. Os campamentos do Fórum Metropolitano e o Centro Sociocultural Ágora, pola súa banda, ofrecen un 30 % máis de prazas e os campamentos deportivos ofertan nesta edición de 2022 un 30 % máis de prazas. O aumento da oferta municipal de actividades culturais, educativas e de ocio para menores emárcase dentro do pulo que o Goberno de Inés Rey está a dar ás políticas de apoio á xuventude, pulo que concretouse recentemente coa apertura do Remanso.

Este ano, a información de todos os campamentos estará ao dispor dos usuarios e usuarias nunca web municipal específica dos Campamentos de Verán 2022, o vindeiro luns, día 23 de maio, con dúas datas de preinscrición previstas:

  • Os días 23, 24 e 25 de maio poderase realizar a preinscrición dos seguintes campamentos (desde as 8:00 horas do día 23 ás 21:00 horas do día 25):
    • Campamentos Fórum e Ágora
    • Campamentos de Educación (Campacoles e Summer Talk)
    • Campamentos de Mocidade
    • Campamentos da OMIC
    • Campamentos Aquarium Finisterrae
  • Os días 1, 2 e 3 de xuño poderase realizar a preinscrición dos seguintes campamentos:
    • Campamentos Urbanos nos centros cívicos.
    • Campamentos de día 
    • Campamentos tradicionais de pernoctación
    • Campamentos deportivos

“Esta división en dúas quendas permitirá axilizar o proceso porque son moitísimas prazas. Así, moitas familias que xa teñen unha praza da súa elección en primeira quenda non concorrerán ás da segunda. Tamén axilizará o proceso de reclamacións e chamadas de listaxes de agarda”, explicou Neira.

A inscrición realizarase de forma telemática a través da web do Concello. Para a obtención dunha praza terán preferencia as e os menores empadroados no Concello da Coruña e aqueles cuxos proxenitores estean traballando ou teletraballando, no caso das familias monoparentais. A oferta para este ano 2022 tamén inclúe prazas para menores con diversidade funcional.

Listaxe de campamentos

  • Campamentos urbanos nos centros cívicos: 2.250 prazas

Destinatarios: Para nenas e nenos nados do 1/01/2010 ao 31/12/2018.

Datas: Do 1 de xullo ao 7 de setembro en cinco quendas de 15 días. 

Horario: De luns a venres en horario de mañá.

Prezo: Entre 26 y 32 euros.

  • Campamentos de día: 416 prazas

Destinatarios: Para nenas e nenos nados do 1/01/2010 ao 31/12/2018.

Datas: Do 1 de xullo ao 31 de agosto en catro quendas de 15 días. 

Horario: De luns a venres en horario de mañá. 

Prezo: 85 euros.

  • Campamentos tradicionais de pernoctación: 180 prazas

Destinatarios: Rapaces e rapazas nados entre o 1/01/2006 ao 31/12/2014. 

Datas: Do 10 de xullo ao 13 de agosto en catro quendas de sete días. 

Prezo: 85 euros.

  • Campamentos de Mocidade: 100 prazas

Destinatarios: Mozas e mozos de 12 a 17 anos (nados entre 2005 e 2010).

Datas: Xullo de 2022 en dúas quendas de 9-10 días. 

Horario: De luns a venres en horario de mañá. 

Prezo: Gratuíto.

  • Campacoles: 1.575 prazas

Destinatarios: Escolares de 2º ciclo de EI ou EP matriculados nun CEIP do Concello no actual curso 2021/22.

Datas: Do 27 de xuño ao 29 de xullo en 5 quendas de 5 días 

Horario: De luns a venres en horario de mañá. 

Prezo: 20-25 euros.

  • Summer Talk: 300 prazas 

Destinatarios: Escolares matriculados nos cursos de cuarto a sexto ano de Primaria, e de primeiro a cuarto ano da ESO en centros públicos do Concello, no actual curso 2021/22. 

Datas: Do 27 de xuño ao 29 de xullo en 5 quendas de 5 días 

Horario: De luns a venres en horario de mañá. 

Prezo: 20 euros.

  • Campamentos Fórum e Ágora: 1.350 prazas

Destinatarios: Menores nados entre 2018 e 2010. Na quenda especial para adolescentes no Ágora, poderán participar as e os menores nados entre 2009 e 2006.

Datas: Do 27 de xuño ao 2 de setembro en 5 quendas de 9-10 días.

Horario: De luns a venres en horario de mañá. 

Prezo: Entre 35 e 45 euros.

  • Campamentos deportivos: 960 prazas

Destinatarios: Menores de 6 a 13 anos. 

Datas: Do 27 de xuño ao 4 de setembro 

Horario: De luns a venres en horario de mañá.

Prezo: 25 euros.

  • Campamentos Aquarium Finisterrae: 60 prazas

Destinatarios: Menores de 11 a 14 anos.

Datas: Do 27 de xuño ao 28 de xullo.

Horario: De luns a venres en horario de mañá. 

Prezo: 29,09 euros.

  • Escola de verán da OMIC: 60 prazas 

Destinatarios: Menores de 4 a 10 anos.

Fechas: Do 1 ao 29 de xullo.

Horario: De luns a venres en horario de mañá. 

Prezo: Gratuíto.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marta Arias

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Coruña
    El Concello obvia la crisis en la Fundación Luis Seoane y el BNG insiste en la ausencia total de política cultural
    • 03.02.23
    • Marcos Rodríguez
    • Actualidad
    • Coruña
    La Autoridad Portuaria habilitará un nuevo acceso de vehículos al muelle de trasatlánticos y estará listo el próximo verano
    • 03.02.23
    • Manuel García
    • Actualidad
    • Coruña
    Inés Rey planea renunciar a que A Coruña organice la Maratón Atlántica y evita dar explicaciones en el Pleno
    • 03.02.23
    • Marcos Rodríguez
    • Actualidad
    • Coruña
    La nueva plataforma por la transparencia en la que desaparecen contratos del ayuntamiento de A Coruña
    • 02.02.23
    • Sabela Pérez
    • Actualidad
    • Coruña
    Desesperación entre vecinos y comerciantes por la ola de robos en todos los barrios de A Coruña
    • 02.02.23
    • Marcos Rodríguez
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.