diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Un milleiro de nenos e nenas participarán na XXIV edición do Correlingua na Coruña

  • 30 de abril de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, e responsable de Cultura, Gonzalo Castro, presentou no Palacio Municipal de María Pita a XXIV edición do Correlingua, que terá lugar este vindeiro venres 3 de maio a partir das 11.00 horas. O evento reunirá a máis dun milleiro de alumnos e alumnas de 17 centros de toda a comarca da Coruña.

«Esta iniciativa ten unha grande importancia para o Goberno municipal, pois permite manter moi viva a lingua galega entre as próximas xeracións, que gozan cada ano dunha xornada festiva que todos os nenos e nenas agardan con entusiasmo», indicou Gonzalo Castro durante a rolda de prensa, na que tamén estiveron Celia Armas, responsable provincial da Asociación Correlingua, e Suso Bermello, representante de CIG Ensino, que xunto á Mesa pola Normalización Lingüística organizan este evento.

A xornada comezará o venres ás 11.00 horas desde a explanada do Palacio dos Deportes de Riazor. As e os participantes percorrerán o paseo marítimo ata chegar á Torre de Hércules, aproximadamente ás 12.30 horas. Haberá un escenario xunto á estatua de Breogán, onde se celebrará unha festa final na que participará a alcaldesa, Inés Rey, e haberá actuacións musicais e entrega de premios á mellor pancarta.

O XXIV Correlingua leva por lema ‘Dende aquí até acolá, galego xa!’ e conta cun cartel realizado pola ilustradora Xulia Pisón. O obxectivo desta xornada é o fomento do uso da lingua galega entre as xeracións máis novas, algo que se estende ao resto do ano con diferentes iniciativas levadas a cabo nos centros de ensino, como o Cantalingua, concurso de onde saen as formacións musicais que actuarán este venres na Torre.

Gonzalo Castro remarcou o compromiso co fomento do uso do galego na cidade, destacando a importancia de crear unha programación cultural plural e cun forte compoñente galego, así como en cuestións administrativas como a aprobación da ordenanza de uso do galego no Concello.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad