diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Jorquera pon o foco sobre as concesionarias no caso do Sindicato da Limpeza

  • 10 de abril de 2023
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O nacionalista Francisco Jorquera anunciou que de cara ao pleno do próximo xoves 13 de abril o BNG porá o foco do caso do Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL) nas concesionarias. Máis alá das responsabilidades que lle outorga ao goberno municipal, o candidato do Bloque sinala a necesidade de investigar a estas empresas, xa que «É moi chamativo que as concesionarias dos servizos de limpeza viaria e recollida de lixo non tivesen feito ningunha manifestación pública desde o inicio da investigación xudicial, pese a que da información que transcendeu publicamente podería derivarse que estas empresas se inhibiron das súas responsabilidades delegando nun grupo a política de persoal”.

A política de persoal é precisamente un dos feitos que sinala Jorquera, xunto con testemuñas que sinalan que a folga de 2022 foi pactada entre o STL e unha das concesionarias, como irregularidades graves que deben investigarse internamente dende o Concello e actuar en consecuencia exercendo «coa máxima contundencia a potestade sancionadora, incluída a rescisión dos contratos de concesión”.

De todos xeitos, Jorquera non quixo pasar a ocasión para sinalar tamén a responsabilidade dos últimos gobernos, mostrando a súa convicción de que «si coñecían a existencia de prácticas que merecían ser investigadas, mais non actuaron coa suficiente dilixencia. Gosto de ser prudente antes de formular acusacións tan graves. O que si creo é que todos os gobernos municipais nos últimos mandatos tiñan coñecemento de prácticas no servizo de limpeza e recollida de lixo que afectaban o seu correcto funcionamento e que merecían ser investigadas no mínimo no ámbito político”.

Mentres, a investigación sigue o seu curso e esta mesma semana a xuíza do Xulgado de Instrución número 6 da Coruña abriu tres pezas separadas á marxe do procedemento principal de supostos delitos de estafa, branqueo de capitais e corrupción entre particulares.

Deste xeito, investíganse tamén fraude á Seguridade Social, descubrimento e revelación de secretos de empresa e descubrimento e revelación de secretos en relación a un expediente tramitado no Concello da Coruña. Neste último, a maxistrada permitiu o personamento solicitado polo goberno municipal.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.