diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

Marea Atlántica acusa a Inés Rey de boicotear o programa ‘Mover os baixos’ acordado por ambos grupos

  • 20 de febrero de 2023
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

Continúan chegando críticas practicamente a diario dende Marea Atlántica ao Goberno Municipal que apoiou durante os últimos catro anos. Esta vez, mostrando a súa preocupación polo que entenden como un incumprimento de palabra máis de Inés Rey, á que acusan de estar intentando boicotear o programa ‘Mover os baixos’, acción impulsada pola Marea e para a que chegaran a un acordo co PSOE nas negociacións dos Orzamentos de 2022.

Lamentan en Marea que, como tantas outras partidas que figuran nos orzamentos, os 3 millóns destinados a afrontar o problema dos locais baleiros na Coruña, corran risco de estancarse: «Das tres liñas previstas, só se puxo en marcha unha: a convocatoria de compra de locais comerciais baleiros por parte do Concello, pero resulta case imposible de atopar para as persoas interesadas».

Xan Xove, candidato á alcaldía, permítese pensar mal: «Case semella que Inés Rey quere que ‘Mover os baixos’ fracase. Ter un programa pioneiro para afrontar o problema dos baixos baleiros, grazas á iniciativa da Marea Atlántica, e lanzalo case en segredo non é, desde logo, a mellor forma de gobernar. Inés Rey debería estar a facer o necesario para que estas axudas cheguen a quen as precisa”.

Nun comunicado, consideran dende Marea Atlántica que apenas se lle deu visibilidade a este programa: «O concurso público para a compra de locais baleiros por parte do Concello, dotado con 1,5 millóns de euros, foi publicado no BOP o pasado 9 de xaneiro, e desde entón está aberto o prazo de presentación de ofertas, que rematará o 10 de marzo, en menos de tres semanas. Pero o goberno local non fixo nin o mínimo xesto para darlle publicidade. Instamos ao goberno local a publicar a convocatoria de compra de locais nun lugar visible e accesible da páxina web Municipal e a facelo antes de que remate o prazo para presentar ofertas, o vindeiro 10 de marzo. Tamén debería contar, á maior brevidade, cunha campaña de difusión específica, ao tempo que se activan as outras medidas do programa que seguen pendentes: a liña de axudas a pemes e persoas autónomas e a bolsa de alugueiro de locais».

As críticas van máis alá, facendo fincapé na nula capacidade do Goberno Local para executar orzamentos: «Tampouco hai novidades das outras dúas liñas incluídas en ‘Mover os baixos’, nin da bolsa de locais en alugueiro —dotada con 600.000 euros— que debería estarse a lanzar a través de EMVSA, nin da liña de subvencións para pemes e persoas autónomas. Esta última debería terse lanzado ao longo do mes de xaneiro, segundo o compromiso do goberno local, pero segue en paradoiro descoñecido a 20 de febreiro. Os 900.000 euros para financiar actividades en locais comerciais permanecen gardados no caixón de Inés Rey».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.