diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Vida
  • Sabores

Turismo da Deputación da Coruña despide o Galicia Fórum Gastronómico cun balance moi positivo

  • 10 de abril de 2024
  • Marta Arias
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña despediu unha nova edición do Galicia Fórum Gastronómico, onde participou durante os tres días de duración cun stand propio no que se desenvolveron múltiples actividades para poñer en valor o traballo de produtores e produtoras locais e chefs da provincia, en liña coa súa campaña turística e gastronómica «A provincia que sabe».

A área de turismo da entidade provincial, liderada polo vicepresidente Xosé Regueira, fai un balance moi positivo desta nova edición do fórum, «polo éxito de existencia ás nosas actividades; pola tipoloxía de público, tanto xeral como profesional, e polo nivel de calidade dun evento que é de referencia para o sector, a provincia e o país», sinalou Regueira.

Un balance que secundan os produtores e produtoras que formaron parte do stand da Deputación: Cafés Lúa (Carballo), Choiva Viños (A Coruña), Casa da Avoa (Outes), Bodegas Lodeiros (Santiago), Apia Natura (), A Despensa d´Lujo (Coristanco), Pandejuevo (Cee) e Xearte Brigitte (Santiago). «É unha experiencia moi positiva que nos permite darnos a coñecer e reforzar a nosa imaxe ante o cliente profesional e final», apuntan desde Cafés Lúa.

Os produtores destacan tamén as sinerxías que se establecen entre eles e que dan como resultado colaboracións e actividades conxuntas no propio fórum. Casa da Avoa destaca o espazo que lles ofrece a Deputación, «que aproveitamos para promocionar os nosos produtos, que teñen moi boa resposta». Valoracións que respalda Xearte Brigitte, que destaca «o bo ambiente e a mistura de público xeral con outro moi profesional» e agradece á Deputación «a oportunidade que supón participar nun evento como este, sobre todo para facer marca».

Rematan, deste xeito, tres días de Galicia Fórum Gastronómico cunha xornada na que, ademais, o vicepresidente Xosé Regueira entregou os galardóns dos Premios Picadillo – Galicia Fórum Gastronómico 2024 na categoría divulgación a Rogelio Santos Queiruga e do I Concurso de Empanadas de Galicia a Gonzalo Blanco, do Restaurante Salitre.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marta Arias

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.