diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Vida
  • Culturas

O Teatro Rosalía acollerá este xoves 21 a gala de entrega dos Premios de Teatro María Casares

  • 19 de marzo de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

Os XXVIII Premios de Teatro María Casares entregaranse este xoves, 21 de marzo, no Teatro Rosalía de Castro a partir das 20.30 horas. A gala de entrega será un homenaxe ao teatro musical con «mar de fondo» no que os elementos marítimos serán unha constante sobre o escenario. Así o adiantou esta mañá a actriz Sara Fandiño, directora artística da gala, nunha rolda de prensa celebrada en María Pita e que estivo presidida por Gonzalo Castro, concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade. 

O edil destacou o labor do Goberno de Inés Rey para que A Coruña siga sendo «a cidade da cultura de Galicia». «O traballo levado a cabo nos últimos anos reflíctese na valoración moi positiva que se fai da nosa programación e dos nosos espazos, como o Teatro Rosalía de Castro», indicou Castro. Por outra banda, quixo poñer tamén en valor a calidade dos espectáculos programados durante o ano neste teatro e no resto que compoñen a rede municipal.

Na gala terán gran protagonismo as lendas do mar, o espírito atlántico e dous arquetipos fundamentais no imaxinario marítimo universal: os piratas e as sereas. Ao longo da gala se renderá homenaxe ao teatro musical ao introducir referencias universais e ben recoñecibles deste xénero. Ademais, os soños e os mundos oníricos terán tamén gran relevancia.

A directora conta cun elenco conformado por artistas que destacan por combinar mocidade e experiencia, xa que son intérpretes que teñen un longo percorrido nos musicais. Alba Tojeiro, Germán Prenta, Iván L. Estévez, Iván Márquez, Mario Lagoas, Rocío Salgado e Verónica Peiteado conforman o reparto. Fandiño asina tanto a música como a letra dos temas que soarán durante a gala e conta coa colaboración de Alexandro González para a orquestración e mais os arranxos. O espazo escénico corre a cargo de José Expósito Ortiz. 

Este ano os Premios rexistraron a maior inscrición dos seus 28 anos de historia. Presentáronse un total de 47 espectáculos, dos cales 19 aspiran a levar este xoves algún dos 16 galardóns nos que se dividen os Maria Casares.

A gala será retransmitida por streaming na canle do Premios María Casares ás  20.30 h: https://www.youtube.com/c/premiosdeteatromariacasares .

19 espectáculos finalistas

O espectáculo Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro, aspira a nove María Casares (espectáculo, dirección, actriz protagonista, actor secundario, adaptación-tradución, vestiario, maquillaxe, espazo escénico e iluminación), mentres que Hamelin, de Redrum Teatro, compite por seis (espectáculo, dirección, actor protagonista, actor secundario por partida dupla e iluminación). 

Dúas obras do Centro Dramático Galego aspiran a cinco María Casares: Shakespeare en Roma (actor protagonista, actriz protagonista por partida dupla, vestiario e adaptación-tradución) e Un hotel de primeira sobre o río (actriz secundaria por partida dupla, dirección de movemento, vestiario e espazo escénico). O Auto do Castromil, de Producións Teatráis Excéntricas en coprodución co Centro Dramático Galego, tamén compite por cinco (espectáculo, dirección, actor protagonista, vestiario, espazo sonoro)

Entrega en man, de Contraproducións, opta a tres galardóns (adaptación-tradución, maquillaxe e actriz secundaria) mentres que por dous compiten as pezas Crisálida, de Caramuxo Teatro (espazo escénico e espectáculo infantil); Vox populi, de Malasombra (iluminación e espazo sonoro) e Deadpan Karaoke(maquillaxe e espazo sonoro). 

Cun finalista atópanse outros dez espectáculos, tres deles optan ao mellor texto orixinal: Códice K, de Ainé; A nai, de Amorodio Teatro, e Mosca, de Ártika Cía. Outras tres aspiran ao galardón de monicreques, obxectos e figuras animadas: A teteira de Kabul, de Xarope Tulú; Coliño, de A Xanela do Maxín, e Nanai da China, de Pérez&Fernández. 

Pola súa banda, Ándale! Bon apêttit!, de Teatro Ghazafelhos, e Backstage, de NegroLópez, son finalistas no apartado de espectáculo infantil, mentres que Frida, de A Cova das Letras, e Insubmisa, de Antagonista Teatro agardan levar o premio á mellor dirección de movemento. Durante a gala entregarase o Premio de Honra Marisa Soto a María Barcala e Vero Rilo lerá o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.