diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Vida
  • Culturas

O Concello da Coruña promove a música galega de vangarda co Ciclo Vangal

  • 22 de marzo de 2023
  • Marta Arias
Total
0
Shares
0
0

O Concello da Coruña reforza a súa aposta pola música galega de vangarda coa realización do ciclo cultural VANGAL, un evento multidisciplinar que combinará actuacións musicais con coloquios e intervencións expositivas. A directora da Área de Cultura do Concello, Bettina Kohlhass, presentou o ciclo de ‘Vangarda Galega Alternativa’ xunto con Marcos Gendre, director do ciclo, que se levará a cabo entre os días 14 e 16 de abril na Fundación Luis Seoane. «Este é un importante encontro musical co que queremos poñer en valor a escena actual do folclore galego» explicou.

O ciclo VANGAL reunirá a seis artistas actuais do panorama do folclore galego. Fillas de Cassandra actuará na Luis Seoane xunto con Sheila Patricia, MounQup, Faia, Teresa Ferreiro e Laura LaMontagne e PicoAmperio. De forma paralela, a Fundación Luis Seoane contará coa exposición «Colección Autóctona» de Teresa Ferreiro, ademais de diferentes charlas das artistas convidadas. «O obxectivo é non só ofertar unha programación musical senón tamén unha programación cultural e divulgativa poñendo en valor esa ‘reforestación’ que está a vivir a música galega tradicional e tamén a cultura» sinalou Bettina Kohlhass.

Esta iniciativa súmase ás actividades culturais postas en marcha polo Goberno de Inés Rey como o ciclo de música WOMEX, a feira de World Music máis importante do mundo, que se levará a cabo por primeira vez na Coruña entre os días 25 e 29 de outubro deste ano. «Coa realización deste ciclo de Vangarda Galega Alternativa avanzamos na consolidación da Coruña como capital cultural do noroeste atlántico, apostando pola cultura nas súas diferentes formas e moi especialmente pola cultura galega» concluíu.

A entrada ás diferentes actuacións e actividades do ciclo é de balde ata completar a capacidade.

A programación de VANGAL ao detalle

Ao longo dos días 14, 15 e 16 de abril realizaranse un total de seis actuacións musicais que terán lugar no patio da Fundación Luis Seoane, con entrada de balde ata completar a capacidade. Os horarios son:

  • Venres 14 | Faia (21.00 h) e Teresa Ferreiro (22.15 h)
  • Sábado 15 | Laura LaMontagne & PicoAmperio (21.00 h) e MounQup (21.00 h)
  • Domingo 16 | Sheila Patricia (19.00 h) e Fillas de Cassandra (20.15 h)

Ademais das actuacións, haberá dúas charlas de Faia e MounQup baixo o título «Ta mère la saltimbanque» na que falarán sobre os procesos creativos e os coidados vinculados á nai na música. Serán no recibidor da Fundación Luis Seoane o venres 14 e o sábado 15 respectivamente, ás 20.00 h. As persoas que o desexen tamén poderán achegarse á Fundación Luis Seoane para ver a exposición de Teresa Ferreiro coas ilustracións da artista, dispoñible durante a totalidade do ciclo no patio da Fundación Luis Seoane.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marta Arias

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.