diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Vida
  • Culturas

O ciclo de películas de culto ‘Cinenterraza’ volve ao Fórum Metropolitano da Coruña con clásicos de Orson Welles e Ingmar Bergman

  • 3 de julio de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O ciclo de películas de culto ‘Cinenterraza’, organizado polo Concello da Coruña, volve a partir deste mércores 3 ao Fórum Metropolitano, cunha ampla programación de longametraxes clásicas que inclúe títulos de cineastas de prestixio como Dario Argento, Orson Welles e Ingmar Bergman, entre outros.

Será precisamente o director de cine italiano o que abrirá o calendario de proxeccións, con Suspiria, unha obra mestra do xénero do terror, protagonizada por Jessica Harper. Proxectarase o mércores 3, ás 22.30 horas.

Suspiria marcará o punto de partida dun ciclo que tamén recupera clásicos como Une histoire immortelle (Unha historia inmortal, de Orson Welles e Jeanne Moreau, Le trou (A evasión), dirixida por Jacques Becker e cun elenco encabezado por Philippe Leroy, Viskningar och rop (Berros e murmurios), de Ingmar Bergman con Harriet Anderson á fronte, e a australiana Walkabout, de Nicolas Roeg.

Todas as películas serán en V.O.S. e irán precedidas dun coloquio inicial no que Javier Trigales, programador cultural, guionista e coordinador do ciclo, fará unha sinopse previa na que achegará ao público os principais detalles e información sobre a longametraxe da xornada.

Coa posta en marcha desta 12ª edición de ‘Cinenterraza’, o Goberno de Inés Rey reforza a programación cultural prevista nesta tempada estival e amosa o seu compromiso co audiovisual, dando continuidade ás boas experiencias previas en ciclos como ‘As mellores películas da historia’ ou ‘Colón Noir’, que tamén recolleron títulos de cine clásico.

As entradas para asistir ás proxeccións xa están á venda. Poden adquirirse a través da páxina web de Ataquilla, así como no despacho de billetes do IMCE na praza de Ourense. Tamén se habilitará a súa venda no Fórum Metropolitano os mesmos día das proxeccións, sempre e cando haxa pases dispoñibles.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.