diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Vida
  • Culturas

Igualdade da Deputación presenta a exposición ‘Relembrando a Trini’

  • 26 de diciembre de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A área de igualdade da Deputación, liderada pola deputada Soledad Agra, presentou esta mañá a exposición ‘Relembrando a Trini’ que se inaugurará o vindeiro 10 de xaneiro ás 19:00 horas na biblioteca municipal Durán Loriga. A deputada, acompañada do comisario da mostra, Sergio Marey e o representante da asociación Palestra, Fito Ferreiro, foron os encargados de explicar a iniciativa, que abordará a historia de Trinidad Falcés, muller trans, nada na Coruña e grande activista polos dereitos do colectivo.

O día da inauguración tamén se presentará o libro sobre a figura de Trinidad Falcés «É mellor loitar que morrer de fame», escrito por Sergio Marey e, ademais, haberá dúas charlas: «Situación trans onte, hoxe e mañá», da activista trans Laura Bugallo; e «Cuiruña e a importancia da literatura cuir», de Diego Maseda, coordinador do club de lectura cuir da Rede de Bibliotecas da Coruña.

A exposición, que se poderá visitar ata o día 20 de xaneiro, complementarase con dúas charlas en dous concellos da provincia, impartidas por Sergio Marey e Fito Ferreiro, que repasarán a vida de Trinidad Falcés, que foi presa nun campo de concentración pola súa realidade como persoa cuir, e estivo presente na primeira marcha LGBT do estado español, que se celebrou en 1977 en Barcelona, cidade na que residiu durante 30 anos. En 2019 recibiu o premio Marcela e Elisa que concede a asociación ALAS, e faleceu na Coruña en agosto de 2022.

A deputada explicou o obxectivo da iniciativa: «queremos dar a coñecer a historia de Trini, recuperar as súas vivencias, relembrala para que fique con nós por sempre». Soledad Agra apuntou que «Trinidad participou no noso congreso de memoria diversa onde poñemos en valor todo o traballo e a loita do colectivo e, xustamente, escribiu a súa historia nunha publicación do congreso. Esta publicación foi unha das fontes da exposición que inauguraremos o día 10». Agra engadiu que «o colectivo LGBTIQ+ está cheo de grandes referentes tamén no noso país, e recuperar a Trini é recuperar a memoria de moitas persoas que viviron situacións de precariedade por ser e por sentir diferente do establecido na normalidade heterosexual. A responsabilidade como administración pública é darlle voz e memoria a esas persoas, e contribuír a crear unha realidade máis xusta».

Pola súa parte, o comisario da exposición, Sergio Marey, agradeceu á Deputación o apoio. «Para min é unha honra facer este proxecto e recuperar a Trini», sinalou. Un dos piares é o libro, «co que intentei aglutinar a vida de Trini, complexa, unha continua expulsada. Trátase dun entramado de historias que nos permiten construíla e entendela». E, o outro, a exposición, «que recolle todo o arquivo que temos dela: fotos, recortes de periódico, vídeos…».

Fito Ferreiro, da asociación Palestra e compañeiro de Trini, expresou que «Trini era unha sobrevivente, que sobrevivía constantemente e tiña a capacidade de buscar solucións a grandes problemas». Tamén se referiu á situación de precariedade na que viven «máis do 70% das persoas maiores LGBTI» e á necesidade de «lembrar e recordar a esas persoas que loitaron, pois son moitos os referentes que temos en Galiza. Temos que lembrar a Trini».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad