diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Vida
  • Culturas

Guadi Galego, Antía Muiño, Uxía e Ugía Pedreira actuarán no ciclo Coa Nosa Voz, que se celebrará no Teatro Colón en xuño

  • 20 de mayo de 2024
  • Marta Arias
Total
0
Shares
0
0

A área de cultura da Deputación promove o ciclo Coa Nosa Voz, que se celebrará no Teatro Colón os días 2, 9, 23 e 30 de xuño, e acollerá as actuacións de Guadi Galego, Antía Muiño, Uxía e Ugía Pedreira. As entradas poderán retirarse dende hoxe, de balde, na páxina web de ataquilla.com. Así o anunciou esta mañá a deputada de cultura, Natividade González, acompañada das catro artistas que protagonizan o cartel, «catro voces moi diversas, de diferente procedencia, xeracións, e estéticas, pero todas elas mulleres de referencia no panorama da música galega e nacional», apuntou.

Os concertos celebraranse durante catro domingos e comezarán o día 2, ás 20h, co de Guadi Galego, que presentará o seu disco ‘Síntese Horizonte’; continuarán o 9, tamén ás 20h, co de Uxía e o seu traballo ‘Santa liberdade: un soño compartido’; o día 23, ás 19h, co de A Pedreira e ‘Basal’, e rematarán o día 30 con Antía Muíño, e o seu último álbum, ‘Carta Aberta’.

Este ciclo nace para poñer en valor a ‘canción de autora’, «conscientes da calidade que hai nestes últimos anos, que non se corresponde coa cantidade de espazos que hai para exhibila» sinalou a deputada. «Queremos visibilizar a canción de autora en galego, celebrar a diversidade, a calidade e o talento de mulleres como elas, que nos enriquecen, nos ensinan e levan a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa música por escenarios de todo o mundo».

Guadi Galego realizará un «espectáculo pensado para teatros pola luz, a escena e a atención», que requiren «un espazo afectivo e reflexivo». Ademais, afirmou, «é importante que os teatros se abran á música», e agradeceu á Deputación este ciclo, «que nos abre espazos como o Colón aos que, moitas veces, é difícil chegar». E, rematou, «é importantísimo que un país que se sinte vivo, que ten unha lingua viva, compoña dende a actualidade coas necesidades propias da sociedade».

Pola súa parte, Uxía sumouse ao agradecemento «por facer un ciclo tan acaido con voces de muller ás que quero e admiro» e amosouse «feliz de participar neste programa interxeracional».

Ugía Pedreira apuntou que se trata dun «ciclo necesario, urxente, xusto e importante» como «creadoras da nosa vida e obra» e que, ademais, «promove o relevo xeracional». No seu caso, «antes de saltar a fogueira de San Xoán imos facer un aquelarre, con convidados como Guadi Galego, cun espectáculo único, de comunidade e coreografía social».

E, por último, Antía Muíño dixo sentirse «afortunada» xa que «non se ofrecen tanto espazos como o Colón: un templo da cultura e da arte» e tamén «feliz de compartir cartel con elas, mulleres referentes, e de continuar ese camiño que elas abriron».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marta Arias

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.