diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Culturas

Os escritores Brais Lamela e María Sánchez protagonizan a terceira edición de “Un Torrente de Conversas”

  • 11 de noviembre de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña organiza unha nova edición de «Un Torrente de Conversas» con Brais Lamela e María Sánchez como protagonistas deste 2024. Os dous escritores forman parte do xurado do XXXVI Premio Torrente Ballester de Narrativa que se reunirá o 27 de novembro no Pazo de Mariñán para elixir as obras gañadoras en galego e castelán.

O obxectivo da Deputación, un ano máis, é achegar os premios literarios convocados polo departamento provincial de cultura ás librerías e ao público lector con actividades paralelas. «Literatura contra a extinción» é o título do encontro entre Brais Lamela e María Sánchez, unha conversa moderada pola xornalista Susana Pedreira que terá lugar na Librería Cronopios de Compostela o martes, 26 de novembro ás 19.30 h, con entrada de balde ata completar aforo.

Desde hai tres anos, esta actividade paralela do Premio Torrente Ballester de Narrativa, permitiu ao público lector escoitar conversas entre Manuel Rivas e Ignacio Martínez de Pisón, Víctor Freixanes e Bibiana Candia ou Ledicia Costas, Diego Ameixeiras e Cristina Sánchez-Andrade.

Neste mes de novembro, chega a terceira edición cun escritor e unha poeta que comparten na súa literatura o interese pola memoria dos territorios e fogares que habitamos. «Un Torrente de Conversas» volverá poñer no centro a palabra, a lingua e a literatura para unir aos autores co público lector.

A área de Cultura da Deputación da Coruña pechará a concesión dos premios literarios deste 2024 coa reunión dos xurados do Premio Torrente Ballester no Pazo de Mariñán o 27 de novembro. Un encontro que é tamén unha festa da letras coa convivencia no Pazo de dez escritores e xornalistas culturais para decidir cales son as dúas obras gañadoras en galego e castelán.

Desde 1989, a Deputación contribúe á produción literaria coa convocatoria de certames literarios que buscan acrecentar a calidade fabuladora e a creatividade que caracteriza as nosas autoras e autores, e coa vontade de homenaxear a figuras relevantes da cultura galega como Dieste, Murguía, Castelao ou Torrente Ballester.

Nestas tres décadas, a nómina de premiados inclúe nomes imprescindibles na actualidade como Manuel Rivas, Blanca Riestra, Agustín Fernández Paz, Luisa Castro, Ignacio Martínez de Pisón, Marilar Aleixandre, Andrea Maceiras, Roberto Vidal Bolaño ou Teresa Moure.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad