diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Culturas

O Teatro Colón acolle esta tarde a gala das Letras Galegas da Deputación en homenaxe a Luísa Villalta

  • 15 de mayo de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O Teatro Colón convertirase mañá no escenario de celebración da gala das Letras Galegas organizada pola área de lingua da Deputación: unha cita que forma parte da súa campaña para homenaxear a Luísa Villalta, e que conta cunha serie de actividades para todos os públicos que se desenvolverán durante todo o ano como contadas infantís nas que se repartirá a novela de Villalta ‘Tinta do mar’, obradoiros en centros de ensino, a realización dun vídeo e a distribución dun libro sobre a vida e obra da autora.

A gala comezará ás 19:30 horas, e a entrada é libre e gratuíta até completar aforo. Estará conducida polas poetas Yolanda Castaño e Dores Tembrás, que farán o seu particular homenaxe a Villalta, e toma como punto de partida o prólogo de A música reservada, o primeiro poemario publicado pola autora. A partir de aí, seis artistas inspiraranse para compoñer pezas musicais e performativas que dialogan intimamente co corpo e co mundo sonoro da escritora.

A compositora Janet Novás realizará unha performance; a compositora Mercedes Peón e a intérprete Elena Vázquez Ledo, un espectáculo conxunto, do mesmo xeito que o compositor Hugo Gómez-Chao e a soprano solista Adriana Aranda. Eva Vieites tamén subirá ao escenario para facer unha performance nunha xornada que tamén contará coas actuacións do cuarteto de arpas célticas Lulavai e da Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia.

O encargado do deseño da imaxe da gala é o artista plástico Xurxo Gómez – Chao e, o da iluminación, Dani Pais. Ambos elementos cobran unha especial relevancia nun acto que celebra a arte nas súas diferentes disciplinas, do mesmo xeito que o facía a homenaxeada deste ano nas Letras Galegas, Luísa Villalta: poeta, ensaísta «e unha muller que, ademais de senlleira nas letras, sobresaíu en moitas outras facetas: filóloga, activista, música e mestra… unha artista moi completa para a que quixemos tamén facer unha programación moi completa» apuntou a deputada de lingua, Soledad Agra.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.