diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Culturas
  • Actualidad

Laura Suárez e Sandra Lodi gañan o XIX Premio Castelao de banda deseñada

  • 28 de agosto de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

Laura Suárez (Dumbría, 1994), co álbum A raíña cádaver, na categoría para público infantil e xuvenil, e Sandra Lodi (Lugo, 1994), coa obra Adelina, en categoría xeral, son as gañadoras do XIX Premio Castelao de banda deseñada, convocado pola Deputación da Coruña e ao que se presentaron 18 orixinais nesta edición.

A deputada de Cultura, Natividade González, presidiu o xurado formado polas e os debuxantes e ilustradores Paula Mayor e Cristian F. Caruncho, gañadores do certame en 2023, Quico Pèrez, Paula Chesire e Xulia Vicente.

D’A raíña cadáver o xurado puxo en valor «o acabado completamente profesional cun estilo propio moi persoal, e o dominio das formas e da cor». Tamén salientou «a gráfica moi adecuada para a historia que propón, de influencia medieval».

Establecida en Cee, Laura Suárez estudou Belas Artes na Universidad Politécnica de Valencia e expuxo as súas ilustracións en Barcelona e México. Xunto a editorial londiniense Flying Eye Books creou e ilustrou a súa primeira serie de cómic infantil, titulada Monster Support Group.

De Adelina o comité avaliador valorou «o acabado solvente da obra cunha gráfica moi expresiva e recursos desenfadados que aborda o tema da vellez con frescura, humor, critica social, moita acción e diversión».

Sandra Lodi, establecida en Santiago de Compostela, é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca na especialidade de pintura, época na que tamén tivo a oportunidade de coñecer o método de produción creativa da Accademia di Bele Arti di Brera (Milán). Traballou como directora de arte e deseñadora gráfica durante anos, realizando traballos para todo tipo de marcas nacionais e internacionais. Actualmente publica as súas ilustracións na revista satírica Mongolia e en El Estafador, ademais de colaborar con distintas publicacións como ilustradora de prensa.

No ano 2019 recibiu o 20 Premio Curuxa de Humor gráfico, no 2021 foi seleccionada na XIII Bienal de Pintura Eixo Atlántico, no 2022 levou o 10 Premio no Combate Mural do Culturbán, en Lugo, e no 2023 acadou o 10 Premio de Pintura Rápida do Festival de Cans.

As gañadoras verán publicada en 2025 as obras que presentaron ao certame e recibirán cada unha premio en metálico de 6500 euros.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.