diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Culturas
  • Vida

Formoso valora a recuperación do pazo de Meirás na presentación dun libro de cartas inéditas de Galdós e Pardo Bazán

  • 9 de mayo de 2024
  • Marta Arias
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou esta mañá o compromiso do Estado na recuperación do pazo de Meirás para o Patrimonio Nacional. Foi durante a presentación do libro Cartas inéditas de Benito Pérez Galdós sobre el teatro, junto con otras cartas de Emilia Pardo Bazán, de Adelina Batllés Garrido, que tivo lugar no emblemático edificio, no seu día propiedade da autora de La Tribuna ou Los pazos de Ulloa.

Na súa intervención no acto literario, Formoso quixo darlles expresamente as grazas a todas as institucións involucradas no que foi un longo proceso, xa que «a Deputación comezou o camiño, pero recuperar o pazo para o patrimonio nacional sería imposible sen a implicación do Goberno de España e sen o excelente traballo xurídico levado a cabo pola Avogacía Xeral do Estado».

O presidente provincial participou no acto xunto co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a presentadora do programa Hoy por hoy Madrid, da Cadena SER, Marta González Novo, e a autora do libro. Nel compílanse 51 cartas do autor canario a varios correspondentes. Ademais, o volume recolle cinco cartas de Emilia Pardo Bazán a Galdós, que datan do comezo da súa relación.

Nos textos o autor condensa boa parte da súa vida, como pai, amante, político e dramaturgo. Toda ela estivo marcada, en boa medida, pola influencia da ilustre escritora galega, inquilina orixinal das Torres de Meirás e a encargada de mandar construílas en 1893.

Precisamente, foi este un dos aspectos destacados por Formoso durante a súa intervención, na que asegurou que non é casualidade que o autor se mergullase «na escritura de obras de teatro nas que abundan as mulleres con papeis protagonistas» e que se trate de «mulleres con carácter, que reafirman a súa condición e defenden a súa igualdade, liberdade e dereitos nunha sociedade por aquel entón abertamente machista e desigual».

A programación do Pazo de Meirás estará centrada no eido cultural e na posta en valor da memoria histórica, dúas temáticas que se consideran prioritarias e que servirán para subliñar a súa importancia.

O 10 de decembro do ano 2020 as portas do pazo volveron abrirse ao público tras máis de oito anos pechadas pola familia Franco, realizando así o seu primeiro evento en máis de 8 anos.

Foi a propia Deputación a que iniciou o movemento de recuperación do pazo a través da creación da Xunta Pro Devolución do Pazo de Meirás, unha asociación na que distintas administracións, historiadores, xuristas e outras organizacións relacionadas coa memoria histórica que tiña como obxectivo prioritario devolver este inmoble aos cidadáns.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marta Arias

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.