diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Culturas
  • Galicia

Formoso recalca “a maxia” da Costa da Morte na inauguración da exposición ‘Mar de Ardora, Mar de Galicia’ en Vimianzo

  • 30 de agosto de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña colabora coa exposición ‘Mar de Ardora, Mar de Galicia’ no Castelo de Vimianzo, composta por máis de 60 imaxes captadas pola fotoxornalista de La Voz de Galicia Ana García sobre o fenómeno da bioluminiscencia que se dá na Costa da Morte. Esta tarde, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, inaugurou a mostra xunto co directora de Promoción Turística da Xunta, Carmen Pita, e a alcaldesa de Vimianzo e deputada provincial, Mónica Rodríguez.

Durante o acto, Formoso recalcou que o traballo de Ana García axuda a recalcar «a maxia» da Costa da Morte, cunha historia chea de mitos e lendas que a converten nun enclave único no mundo. O presidente provincial quixo poñer en valor a habilidade da autora para «mesturar a súa visión persoal con habilidade técnica e profesional e moita paciencia» e así construír unha galería que potencia o elevado valor visual da zona. «A maxia que sempre se asociou a esta costa elévase con estas imaxes dun mar que semella arder e que demostra que a Costa da Morte está chea de vida», afirmou o presidente Deputación.

A exposición estará aberta ao público nas próximas semanas e nela pódense observar fotografías tomadas por Ana García en diferentes puntos da Costa da Morte. A primeira data do verán do 2020 e foi efectuada en Carnota. Desde entón, a fotoxornalista de La Voz de Galicia captou imaxes dos mares fluorescentes en Cabana, Ponteceso, Cee, Laxe, Malpica, Camariñas, Fisterra, Dumbría.

O da bioluminiscencia é un fenómeno producido pola concentración de Noctiluca, un organismo mariño que emite luz. A pesares de non ser exclusivo das costas galegas, as condicións particulares que se presentan neste territorio favorecen a súa aparición periódica, sobre todo nos meses de primavera e verán.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad