diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Culturas
  • Vida

Formoso destaca que a provincia da Coruña é unha potencia europea en animación

  • 11 de junio de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañado do alcalde de Carral, Javier Gestal, visitou hoxe na localidade o centro Amiga Space, un espazo tecnolóxico e formativo impulsado polo produtor e director de cine e gañador dun premio Goya por The Monkey Xosé Zapata, onde se realizan producións de animación, 3D e videoxogos e se forman en animación os novos talentos do sector.

Formoso coñeceu as instalacións do centro, situado no antigo colexio infantil Víctor Velasco, que conta cun espazo de coworking para que os profesionais do sector poidan desenvolver o seu traballo, varias aulas de formación conectadas para impartir cursos de formación, estudos de gravación para producións stop-motion e stagecraft e salas de proxección e reunións, entre outros espazos.

O presidente destacou o «carácter pioneiro» de Amiga Space, que ofrece múltiples posibilidades a empresas, profesionais do sector, institucións e alumnado que desexen completar a súa formación ou especializarse no eido da animación sen saír de Galicia.

«Con esta iniciativa pioneira en Galicia, Xosé Zapata e o seu equipo demostran que é posible emprender desde un pequeno municipio como Carral un proxecto baseado na innovación e na tecnoloxía, nun sector tan especializado e tan dinámico como é o da animación, no que Galicia, e en concreto a provincia da Coruña, é unha potencia a nivel europeo», afirmou o presidente.

Formoso e Zapata abordaron durante a visita as posibilidades de colaboración dentro das actividades de formación que no futuro irán vinculadas ao plató virtual Coruña Estudo Inmersivo (CEI) que a Deputación está construíndo na cidade das TIC da Coruña cun investimento de máis de 8 millóns de euros.

Durante a visita, Zapata explicou algúns dos proxectos nos que traballa o centro como a curta de animación «Avetimoloxía», que este ano se estrea en varios festivais internacionais e no que distintas especies de aves acompañan ao espectador durante unha viaxe polo historia de Europa e España con guiños á arte de Piscasso ou Velázquez.

Durante a visita, Formoso interesouse polo proceso de produción da curta, desde a creación manual das figuras ata o complexo proceso de animación dixital para darlles vida no filme.

Zapata traballa tamén na dirección da curta da animación «La silla de Mr. Fischer», unha ambiciosa coprodución entre España e Estados Unidos na que o cineasta neoyorkino Woody Allen pon voz en off á curiosa historia do Campionato do Mundo de Xadrez que enfrontou en 1972, en plena guerra fría, ao norteamericano Bobby Fischer e o ruso Boris Spassky en Reikiavik (Islandia).

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad