diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Culturas

A Deputación presenta a guía de viaxe “Patrimonio arquitectónico da provincia da Coruña”

  • 22 de octubre de 2024
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

O deputado de Patrimonio, Xosé Penas, presentou esta mañá no Castelo de Vimianzo a guía de viaxe «Patrimonio arquitectónico da provincia da Coruña. Trece marabillas para un percorrido histórico», editado pola Deputación. Acompañárono a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e Maite Vence, coordinadora do proxecto e directora de Observer Science Tourism, plataforma dixital de destinos e servizos certificados de turismo científico.

O propio Castelo de Vimianzo, as Torres de Altamira, o mosteiro de San Xoán de Caaveiro, as Torres do Allo, os Batáns de Mosquetín, o Pazo do Mariñán, o Teatro Colón, o Ecomuseo Forno do Forte, o Centro de interpretación da natureza, o Centro etnográfico de Teixeiro e os dolmens de Axeitos, Cabaleiros e Dombate son as trece marabillas que a guía lle propón ao viaxeiro para coñecer polo miúdo a historia da provincia. Fotografías, infografías, historia, tradicións e curiosidades completan un volume que quere, ademais, salientar a necesidade de protexer o patrimonio coruñés dun xeito transversal e pedagóxico.

«Non falamos dunha guía de viaxe ao uso, pois esta publicación fala de tradicións, de historia, de lendas, de formas de vivir e relacionarse co territorio, de cultura, de maneiras de viaxar, de rutas, de accesibilidade e de coordenadas, sen perder de vista a importancia que o patrimonio ten para o turismo», explicou Penas.

Para o deputado, a riqueza do patrimonio coruñés non se circunscribe só a esas xoias arquitectónicas: «Temos unha inmensa colección artística no Pazo de Mariñán pero tamén repartida noutros edificios de titularidade da Deputación; e agardamos que algún día, máis pronto que tarde, poidamos contar co noso propio museo de arte provincial; niso imos traballar».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.