diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Culturas

A Deputación inviste este ano 478.000 euros en subvencionar os servizos municipais de normalización lingüística

  • 29 de mayo de 2024
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña reservará neste exercicio unha partida de 478.000 euros para o programa FONL 2024, de subvencións aos concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais da provincia da Coruña para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística. Son 24 os beneficiarios, que recibirán axudas de 20.000 euros, agás un dos solicitantes, ao que lle corresponden 18.000.

«Os concellos son as administracións máis próximas á veciñanza e, polo tanto, cumpren un papel esencial á hora de promover o uso do galego. Neste sentido, a Deputación da Coruña quere manter a axuda á creación dos servizos de normalización lingüística (SNL) que dan apoio fundamental aos municipios no seu labor normalizador», apunta a responsable da área de Lingua, Soledad Agra. Agra puxo en valor o labor do persoal dos SNL, «que contribúe a incrementar o uso e prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos e sectores do eido territorial das entidades, non só no seo das propias administracións».

«Como sinalan todos os datos dos estudos científicos realizados ao respecto», engadiu, «a lingua galega continúa hoxe a vivir unha situación de evidente desigualdade social, así que, como administración, a Deputación ten a obriga de contribuír, neste caso economicamente, a que non se produzan discriminacións nin desigualdades, sexan estas da natureza que sexan, e dentro delas tampouco as que se dan nos usos lingüísticos».

O Boletín Oficial de Provincia publicou tamén a resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa FO216, de axudas a concellos e entidades locais para financiar gastos de persoal técnico para a atención de museos e centros museísticos durante o ano 2024. O investimento final é de 339.600 euros, que se repartirán entre 19 beneficiarios, en subvencións de entre 12.000 e 20.000 euros.

«Esta liña de subvencións», explicou a titular de Cultura, Natividade González, «é parte da nosa política de apoio aos servizos municipais de cultura, pois somos moi conscientes da necesidade e da relevancia de fortalecer o tecido cultural local a partir dos que deben ser uns dos seus motores: as políticas culturais públicas; neste caso, para reforzar a estrutura de persoal e a capacidade económica dos concellos para que melloren e profesionalicen o persoal técnico de museos e centros museísticos».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.