diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Culturas

A Deputación abre o prazo de candidaturas para o III Premio ‘Xoán Vicente Viqueira’ de investigación

  • 30 de octubre de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña publicou hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases da III edición premio ‘Xoán Vicente Viqueira’ de investigación en ciencias sociais, humanidades, sustentabilidade e innovación.

O obxectivo deste certame é o de recoñecer a actividade de investigación e innovación levada a cabo por persoas ou entidades que teñan destacado nos ámbitos das ciencias sociais e humanidades.

Así, poderán propor candidaturas todas as persoas físicas ou xurídicas que realicen actividades de investigación e innovación no ámbito das ciencias sociais e humanidades. Tamén poderán facer propostas de candidaturas as persoas que formen parte do xurado ou calquera socio do Instituto Xoán Vicente Viqueira.

As citadas candidaturas deberán propor a unha persoa ou entidade ligada a proxectos que se desenvolvan ou relacionen coa investigación e innovación no ámbito das ciencias sociais e humanidades e que teñan a súa residencia ou sede social no territorio español. Non estarán admitidas as autocandidaturas.

As bases establecen que se poderán un período de presentación de candidaturas desde o luns 4 de novembro ata as 14:00 horas do luns 30 de decembro do 2024. Estas solicitudes presentaranse a través da plataforma SUBTEL, de tramitación electrónica da Deputación.

Nesta edición establécense de novo tres premios para cada unha das modalidades. A primeira delas é o premio á traxectoria de vida adicada á investigación nalgún dos ámbitos das ciencias sociais, as humanidades, a sustentabilidade e a innovación social ao longo dos últimos 30 anos. A segunda, o galardón á innovación científica nalgún dos ámbitos das ciencias sociais, as humanidades, a sustentabilidade e a innovación social. A última delas premia a calidade dun dun traballo de investigación realizado por unha persoa investigadora nova nalgún dos ámbitos das ciencias sociais, as humanidades, a sustentabilidade e a innovación social. Cada unha destas categorías está dotada con 6.500 euros.

A terceira edición destes premios conmemora a memoria do filósofo, psicólogo e escritor Xoán Vicente Viqueira Cortón. Xoán Vicente naceu en Madrid no 1886, pero viviu ata os 12 anos en Vixoi (Bergondo), e foi unha persoa que desenvolveu investigacións no eido do pensamento filosófico e apostou progreso da educación, sempre co galego por bandeira.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.