diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Culturas

A aclamada poeta palestina Rafeef Ziadah chega á Coruña coa súa poesía que “ensina vida”

  • 2 de abril de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

Rafeeh Ziadah, unha das poetas palestinas máis coñecidas a nivel mundial, pasará pola Coruña o próximo 15 de abril cun recital no que a poesía irá acompañada pola música en directo de Phil Monsour. A área de Igualdade da Deputación da Coruña colabora con este evento, cuxa entrada é de balde ata completar a capacidade.

Cunha proposta que leva ao público cara a profundidade de temas como a guerra, o exilio, o xénero e o racismo, Rafeef Ziadah é coñecida e recoñecida polas súas performances e pola viralidade das súas propostas. Poemas como «We teach life» («Nós ensinamos vida») deron a volta ao mundo poñendo sobre a mesa os efectos do xenocidio sobre o pobo palestino.

O seu último álbum «Three Generations» («Tres xeracións»), invita a unha conmovedora viaxe a través de Palestina e o mar Mediterráneo, seguindo a estela do seu segundo traballo, «We teach life», no que a forza da palabra de Rafeef Ziadah únese á música orixinal, xerando un forte impacto no público cos seus recitais.

Este evento conta co apoio da Deputación da Coruña, coa organización de Pallasos en Rebeldía e o Grupo de Traballo de Igualdade de Xénero da facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, e a colaboración de Galiza por Palestina, a AC Alexandre Bóveda, BDS Galiza e Sugxpal.

Pallasos en Rebeldía é unha asociación constituída como unha rede internacional de grupos artísticos que promoven a solidariedade e a risa como motores de cambio social; combaten culturalmente á beira das colectividades que fan fronte a este sistema global de terror desde a maxia do Circo; e que apostan por unha Humanidade máis bela e máis xusta desde o universo do Clown.

Pallasos en Rebeldía organiza accións artísticas solidarias por todo o mundo e desde o comezo da ofensiva israelí sobre Gaza en outubro de 2023 mantén unha intensa actividade de denuncia contra o xenocidio e de recadación de fondos para enviar a Gaza.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.