diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Vida
  • Culturas

Artistas, empresas e compañías xa poden inscribir os seus espectáculos na Rede Cultural da Deputación da Coruña

  • 30 de enero de 2024
  • Marta Arias
Total
0
Shares
0
0

Artistas, empresas e compañías teñen desde o 31 de xaneiro ata o 16 de febreiro para inscribiren os seus espectáculos na Rede Cultural 2024 da Deputación da Coruña. O prazo para que os concellos e entidades presenten as solicitudes de actuacións estará aberto do 3 ao 17 de abril. As resolucións de adxudicacións comunicaranse nunha terceira fase: antes do 10 de maio de 2024, no caso dos concellos, e antes do 30 de maio, no caso das entidades, que só se poderán acoller ao programa ‘Alicerce’. O período de celebración de actuacións estenderase ata o 31 de marzo de 2025.

A institución provincial investirá este exercicio 1.975.000 euros nun programa que nos últimos anos se consolidou como o circuíto de programación cultural máis sólido e estable de Galicia e que aposta pola difusión e a promoción da música, o folclore, o teatro, a danza, o cine e as demais manifestacións artísticas.

No caso dos concellos, a achega provincial irá dos 10.000 aos 26.000 euros (entre o 30 % e o 75 %), dependendo das solicitudes presentadas e do número de habitantes. No caso das entidades, a Deputación financiará entre o 50 % e o 70 % do importe de cada espectáculo do programa ‘Alicerce’ e fixará cachés de entre 310 e 3.000 euros por actuación, dependendo do número de membros dos grupos.

Como en anteriores convocatorias, o catálogo da Rede Cultural estará formado nesta edición por catro programas: Escena ao vivo!’ (espectáculos profesionais de teatro, música, monicreques, maxia, danza e circo; para concellos), ‘Visións’ (cinema e contidos audiovisuais; para concellos), ‘Lingua a escena!’ (espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega; para concellos) e ‘Alicerce’ (reservado a espectáculos de grupos de música, danza e teatro non profesionais; para concellos e para entidades entidades sen fins de lucro da provincia que teñan entre os seus fins a promoción da cultura).

A Rede Cultural da Deputación apoiou en 2023 un total de 1.220 espectáculos en 91 dos 93 concellos da Coruña, cunha achega final de algo máis de 1,5 millóns. «A Rede Cultural», sinala a responsable provincial de Cultura, Natividade González, «é un espazo de programación artística que ten como obxectivo principal garantir unha oferta diversificada e de calidade nos municipios da provincia. Oriéntase, polo tanto, a favorecer a capacidade dos concellos coruñeses para desenvolveren propostas culturais para a súa veciñanza». «A Deputación», engade, «levou a cabo nos últimos anos un importante esforzo económico no que se refire ao crecemento dos orzamentos da Rede, que pasaron dos 956.932 euros que se destinaban en 2014 aos case dous millóns que se destinarán en 2024».

As bases da convocatoria publicáronse no BOP do 30 de xaneiro e poden consultarse e descargarse na seguinte ligazón: Bases

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marta Arias

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.