diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Vida
  • Comercio

A Deputación leva aos concellos da provincia a exposición “Do mar e da terra”, que resalta a importancia do sector mariñeiro e agrogandeiro

  • 14 de octubre de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A deputada provincial de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán Cancelo, destacou «o valor de difundir entre a mocidade os exemplos de innovación, calidade, éxito e compromiso co rural que existen na provincia da Coruña e a importancia de fomentar entre a mocidade as posibilidades de futuro que ofrecen para o emprendemento os sectores mariñeiro e agrogandeiro».

Foi durante a presentación do proxecto «Do mar e da terra», que se presentou esta mañá na sede da Deputación da Coruña. «O emprendemento no mundo do mar e do agro é clave para impulsar e diversificar a economía local e fortalecer o tecido social, garantindo o futuro das mozas e mozos no rural da provincia da Coruña», afirmou Capelán.

«Para a Deputación da Coruña é estratéxico contribuír a poñer en valor o rural e os seus recursos, como forma de combater o despoboamento e favorecer a igualdade de oportunidades no territorio», subliñou a responsable provincial de Mar e Medio Rural. «Moitas das mozas e mozos que agora están en escolas e institutos serán actores clave do noso futuro compartido e queremos acompañalos na reflexión sobre a idea de que poden construír ese futuro desde o seu contorno máis próximo», subliñou.

#DoMaredaTerra destaca o exemplo de produtores da provincia da Coruña que demostraron o éxito dos seus proxectos, algúns deles dando o paso para transformar tamén o seu produto de calidade ou establecer sinerxias con outros emprendedores. #DoMaredaTerra salienta tamén factores chave como a importancia crecente dos criterios de sustentabilidade neste camiño de emprendemento ou o decisivo protagonismo da muller neste compromiso na procura de oportunidades para o futuro do rural. «A importancia dos nosos sectores produtivos primarios como vertebradores e fortalecedores do noso tecido social e económico queda reflectido nesta iniciativa #DoMaredaTerra», afirmou Cristina Capelán.

Ademais dunha mostra con diversos paneis expositivos que percorrerán varios concellos coruñeses nos vindeiros meses, #DoMaredaTerra conta tamén con material didáctico interactivo adicional, libremente dispoñible na rede para o seu uso nas escolas. Trátase de material completamente interactivo, accesible a través de computador, tablet, smartphones ou pizarra electrónica.

Estes contidos educativos foron deseñados para realizar unha sesión didáctica completa nas aulas de primaria e secundaria. De xeito específico, as propostas contribúen a afianzar o espírito emprendedor, fomentando a creatividade e a iniciativa, ao tempo que promoven valores relacionados coa educación para o consumo responsable, o desenvolvemento sustentable e a igualdade entre mulleres e homes.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.