diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Vida
  • Destinos

A Deputación facilitará o acceso a formación especializada ás empresas de actividades turísticas do Eume

  • 24 de septiembre de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A mediados do mes de agosto comezou na comarca do Eume, que agrupa aos municipios da Capela, As Pontes, Cabanas, Pontedeume e Monfero, un estudo de necesidades formativas do sector turístico, financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea – Next Generation EU. É tamén unha actividade que se enmarca dentro dos obxectivos do Plan de Sostibilidade Turística en Destinos de Fragas do Eume. Como é coñecido, nestes lugares localízanse as fragas mellor conservadas de Europa; ricas, ademais, pola ampla variedade de especies animais e vexetais ameazadas que habitan nela.

O Parque Natural Fragas do Eume constitúe, en efecto, o seu principal atractivo turístico: se ben o territorio conta tamén con outros recursos que atraen todos os anos a milleiros de visitantes como, por exemplo, o Mosteiro de San Xoán de Caaveiro.

Polo tanto, a meta deste estudo é proporcionar unha visión integral dos imperativos e desafíos que afronta o sector turístico privado na comarca do Eume co fin de elaborar un Plan de Traballo que permita, sobre todo a través de actividades de recualificación e asesoramento individualizado online, proporcionar novas competencias conforme, por exemplo, ás novas tendencias e requirimentos da actividade turística (transformación dixital, sustentabilidade ambiental, etc.). O diagnóstico, as propostas de mellora ou as actuacións do Plan de Traballo quedarán recollidos na Plataforma online do Desenvolvemento Profesional para o Turismo do Eume que tamén se vai habilitar de xeito paralelo.

Neste sentido, está previsto que, ao longo das próximas semanas, se organicen actividades participativas de recollida de información dos actores clave no territorio, a través de entrevistas persoais, unha enquisa ao conxunto de empresas e establecementos que ofertan servizos turísticos e dúas mesas de traballo. A Axencia de Turismo de Galicia rexistrou máis de 350 empresas na comarca, a maior parte delas, establecementos de restauración e aloxamento; se ben tamén hai que subliñar, por exemplo, a presenza de emprendementos especializados no turismo deportivo ou da natureza.

Para o desenvolvemento deste proxecto contratouse, unha vez rematado o proceso de licitación pública correspondente, á consultora internacional Infyde Global, empresa con experiencia de traballo en Galicia e sobre todo nas áreas de emprego, formación e desenvolvemento territorial.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.