diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Vida
  • Culturas

A Deputación da Coruña honra a figura de Castelao no 75º cabodano do seu pasamento

  • 8 de enero de 2025
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

A Igrexa de San Domingos de Bonaval foi este martes o escenario dunha homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no 75º cabodano do seu pasamento. O acto, organizado pola Fundación Castelao, o Consello da Cultura Galega e o Museo do Pobo Galego, congregou a representantes institucionais, culturais e sociais de toda Galicia para lembrar a un dos maiores expoñentes da identidade galega.

Durante a súa intervención no acto, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou a vixencia do legado de Castelao como escritor, artista, pensador e político. «Setenta e cinco anos despois do seu pasamento, a súa luz non só segue viva, senón que continúa guiándonos como galegos e galegas comprometidos co progreso, coa liberdade e coa cultura», afirmou.

O acto serviu para pór en valor a contribución de Castelao á defensa da lingua, da cultura e da identidade propia de Galicia. Formoso lembrou que o rianxeiro, coa súa obra e pensamento, «retratou con mestría tanto as inxustizas sociais como a dignidade colectiva do pobo galego». Ademais, destacou o seu papel na defensa do Estatuto de Autonomía de Galicia e na fundación en Montevideo do Consello de Galicia, que «mantivo viva a chama da galeguidade» no exilio.

«Hoxe, cando os retos da globalización poñen a proba a nosa identidade, as palabras e os debuxos de Castelao recórdannos que ser galegos é o noso maior orgullo, e que defender a nosa lingua e cultura é proxectarnos ao mundo desde as nosas raíces», engadiu Formoso.

O presidente tamén subliñou que Castelao «non pertence a un tempo, un partido ou un grupo», senón que é «un símbolo de unidade e inspiración». «Castelao é contemporáneo e é universal, unha figura senlleira do noso país que convoca e une a todos os galegos e galegas», afirmou o presidente .

Formoso citou as palabras nas que Castelao afirmou que «o verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideas en feitos» e considerou «segue sendo hoxe unha das mellores definicións do que debe ser a política», facendo un chamamento a «seguir traballando xuntos para converter os soños nun futuro mellor».

Este acto de conmemoración reafirma o compromiso das institucións e o mundo da cultura galega coa memoria e o legado de Castelao, que setenta e cinco anos despois do seu pasamento, segue a ser unha figura clave para entender e proxectar a identidade de Galicia no mundo.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad