diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Vida
  • Culturas

A Deputación da Coruña busca axuda en Madrid para dixitalizar o seu arquivo

  • 4 de marzo de 2021
  • Redacción
Rodríguez Uribes y González Formoso durante a xuntanza no Ministerio de Cultura e Deporte
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse en Madrid co ministro de Cultura e Deporte, José Manuel Rodríguez Uribes, ao que lle expuxo o proxecto do Goberno provincial para iniciar un plan piloto de dixitalización e catalogación dos arquivos municipais da provincia.

Segundo explicou o presidente da Deputación trataríase dunha iniciativa “ambiciosa e pioneira en España”, coa que a institución provincial pretende estender o Plan de Dixitalización que desde hai máis dunha década leva realizando cos fondos do seu propio Arquivo Provincial aos 93 concellos coruñeses, comezando por aqueles máis pequenos, con menores recursos técnicos e económicos para conservar e inventariar o seu patrimonio documental e levar a cabo este tipo de tarefas.

“Os documentos que se gardan nos arquivos municipais son unha peza fundamental da memoria colectiva da provincia da Coruña e de Galicia e constitúen unha fonte de enorme valor para coñecer o noso pasado”, afirmou González Formoso, que explicou que o Plan de Dixitalización de Arquivos Municipais non só evitará o deterioro ou perda de documentación de gran valor histórico e disminuirá o espazo físico que as administracións locais precisan para conservar os documentos en condicións adecuadas, “senón que universalizará o acceso aos documentos que custodian os arquivos municipais da provincia, facéndoos máis accesibles para os investigadores e para a cidadanía en xeral”.

Formoso destacou o “carácter pioneiro” do proxecto, no que a Deputación se encargaría da dixitalización dos diferentes arquivos municipais da provincia da Coruña, devolvendo posteriormente os documentos orixinais aos concellos para a súa custodia e facilitando unha copia dixital dos mesmos, ao tempo que se crearía un gran repositorio provincial online para permitir a consulta dos documentos.

Valentín González Formoso agradeceu o “interese mostrado polo ministro Rodríguez Uribes nos detalles do proxecto” así como a disposición do Ministerio de Cultura a estudar a súa colaboración neste ambicioso Plan de Dixitalización de Arquivos Municipais, que debido á súa complexidade e ao importante volumen de documentos que abarca se desenvolvería en varias anualidades e requerirá da cooperación económica, técnica e administrativa de distintas administracións, polo que ademáis do Ministerio de Cultura, o goberno provincial trasladará o proxecto tamén á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.