diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Vida
  • Culturas

A Deputación apoia con 472.500 euros o mantemento de conservatorios e escolas de música en 30 municipios da provincia

  • 31 de mayo de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañado do alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, visitou hoxe as instalacións da Escola Municipal de Música da localidade (ESMU), onde destacou que a institución provincial incrementa este ano nun 25% o orzamento das axudas para os trinta conservatorios e escolas de música e danza municipais da provincia, que pasan de 380.000 euros a 472.500 euros anuais.

Formoso subliñou en Carnota a importancia destas subvencións «coas que queremos dar apoio á formación artística nas diferentes escolas e conservatorios da provincia, nos que sabemos que hai moito talento que necesita ter ao seu alcance os medios para poder medrar e desenvolverse».

«Seguimos así coa nosa filosofía de facer accesible a formación cultural máis alá das grandes cidades e das áreas urbanas, permitindo que pequenos e medianos concellos poidan ofrecer tamén estes servizos», sinalou o presidente, que destacou o elevado número de alumnos cos que conta a Escola de Música de Carnota: «Na ESMU fórmanse este curso 208 alumnos e alumnas de toda a comarca, con ata 16 especialidades e instrumentos distintos, unhas cifras que evidencian a importancia e a necesidade destas axudas da Deputación».

O alcalde,Juan Manuel Saborido, destacou a «contribución fundamental da Deputación» para manter centros como a ESMU, que permite que máis de 200 alumnos e alumnas de Carnota e outros municipios da zona accedan a unha formación musical de calidade, grazas tamén a un excelente cadro de persoal docente, conformada por cinco profesores e profesoras que forman á rapazada en linguaxe musical, guitarra, piano, percusión, música tradicional, gaita, movemento ou canto, entre outras disciplinas.

As axudas da Deputación para Conservatorios e Escolas de Música e Danza municipais pasan este ano de 10.000 euros a 12.500 euros para as escolas de música e de 20.000 a 25.000 euros para os conservatorios. Na convocatoria de 2024, un total de 30 concellos da provincia benefícianse destas axudas dirixidas aos seus centros de formación artística.

A Baña, As Pontes, Abegondo, Ames, Arzúa, Betanzos, Brión, Cabana de Bergantiños, Carballo, Carnota, Cee, Culleredo, Melide, Mugardos, Muros, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Padrón, Ponteceso, Porto do Son, Ribeira, Rois, Sada e Santiago son os municipios beneficiados por este programa da Deputación.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad