diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Empresa
  • Coruña

Formoso destaca o “exemplo pioneiro” de INSERTEGA no ámbito da economía circular e a reciclaxe de produtos téxtiles

  • 11 de octubre de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou esta mañá en Arteixo a empresa INSERTEGA, gañadora do galardón á mellor iniciativa empresarial verde nos premios PEL 2024.

Durante a súa visita, Formoso quixo recalcar o enorme «valor» de INSERTEGA, xa que «era difícil intuír a transcendencia da reciclaxe e a economía circular nos anos nos que este proxecto si a imaxinou», en referencia aos inicios da entidade, no ano 2013. «Agora, esta circularidade vén acompañada dunha realidade social que a demanda e dun marco normativo a esixe. Tamén da realidade económica, a través dos fondos NEXT Generation, que considera vectorial apostar pola economía circular», apuntou o presidente.

«Todo isto podémolo resumir nunha palabra que chama lóxica. Porque significa non tirar aquelo que pode ter un segundo uso», engadiu Valentín González Formoso, que estivo acompañado durante a visita polo director xeral de INSERTEGA, Juan Meijide.

Meijide explicou que na planta de 6.000 metros cadrados situada no Polígono de Sabón do Concello de Arteixo, INSERTEGA dedícase «a reciclar toda a parte de residuo téxtil que non é reutilizable». A maiores, recoñeceu que os premios PEL foron «unha panca para darlle visibilidade a todo o proxecto que leva en marcha once anos no eido da reciclaxe téxtil, pero tamén da inserción laboral de persoas con discapacidade». «O premio deunos visibilidade, gañamos clientes e o interese das administracións autonómica e estatal para potenciar este tipo de proxectos sostibles», sinalou.

INSERTEGA é unha empresa de economía social que actualmente conta con máis de 200 traballadores e traballadoras, todos con algún grao de discapacidade recoñecido. Desde o 2013 desenvolve a súa actividade no ámbito da reciclaxe e reutilización de residuos textís. Desde os seus comezos leva xestionadas máis de 50 millóns de prendas.

De feito, tan só no ano 2023 case 3.000 toneladas de residuos téxtiles non recuperables. No 2022, axudou a evitar a expansión de 5.000 toneladas de CO2 cara a atmosfera. Actualmente, conta con 350 colectores ao longo de toda Galicia, cos que fomenta a reciclaxe das prendas tanto en domicilios particulares como nas empresas, xa que a súa intención é acadar o residuo cero e fomentar, deste xeito, unha economía circular.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad