diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Empresa
  • Galicia

As axudas PEL 2024 da Deputación reciben case 3.500 solicitudes

  • 26 de febrero de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O aumento máis destacado de peticións rexistrouse na liña de axudas PEL-Emprende Investimento, que pasou das 953 do ano pasado a 1.415 nesta ocasión, o que se traduce nun 48,48 % máis. Esta liña, que tradicionalmente se dirixía a persoas autónomas e pequenas empresas con menos de cinco anos de antigüidade, modificouse este ano para centrala en empresas de concellos de menos de 10.000 habitantes. Ademais, xa non se terá en conta como criterio para poder optar a ela a data de inicio da súa actividade. O obxectivo destes cambios é facer fronte ao despoboamento do rural. Así, aproximadamente un 6 % de solicitantes desenvolven a súa actividade en municipios de menos de 2.000 habitantes; un 36 %, en concellos de 2.000 a 5.000, e o resto, un 58 %, en concellos de 5.000 a 10.000.

Un 10 % correspóndense con empresas constituídas no último ano, e un 33 % proveñen de empresas lideradas por mulleres. Máis do 50 % son autónomos do sector terciario, principalmente da hostalería e o turismo. Outro dato relevante é que o 90 % nunca foron beneficiarios desta axuda, polo que queda de manifesto que os cambios introducidos favorecen un reparto máis equitativo e que se alcance a novos empresarios.

Pola súa banda, a liña PEL-Autónom@s, destinada a persoas autónomas de concellos de menos de 20.000 habitantes, recibiu 1.251 peticións. En 790 casos son novos solicitantes. Trátase dunha subvención orientada a autónomos con menos de cinco anos de actividade, que optan ata 2.400 euros para sufragar ata un ano de cotas á Seguridade Social.

Finalmente, as axudas á contratación PEL-Pemes concitaron o interese de 790 empresas entre as dúas liñas de subvención que inclúe. A destinada a creación e ampliación do cadro de persoal, coa que se sufragan custos de novas contratacións realizadas ou por realizar na presente anualidade, recibiu 613 peticións. No 90 % dos casos, os solicitantes teñen previsto realizar contratacións indefinidas, o que permitirá reducir a temporalidade e crear postos de traballo estables na provincia.

En canto á liña orientada ao mantemento do cadro de persoal, coa que se financia o segundo ano das contratacións indefinidas realizadas ao abeiro do PEL-Pemes Creación e Ampliación 2023, recibiu 177 solicitudes. Destaca que no 50 % dos casos se pediu a axuda para contratación de colectivos vulnerables, como son persoas inscritas como desempregadas de longa duración, mulleres, menores de 30 anos, maiores de 45 ou persoas con diversidade funcional.

O Plan de Emprego Local converteuse nos últimos anos en eixo das políticas da Deputación. En 2016, o presidente, Valentín González Formoso, e o seu equipo realizaron unha firme aposta polo emprego creando o PEL e dotándoo de importantes recursos económicos e humanos. Ese impulso traduciuse en que o investimento nas políticas de emprego pasase dun millón de euros anuais a preto de dez.

Así, nos últimos oito anos, a Deputación axudou a crear máis de 6.000 empregos na provincia, apoiou economicamente a máis de 2.500 persoas emprendedoras e novas empresas e prestou axuda a máis de 2.000 persoas autónomas para sufragar as cotas da Seguridade Social. Ademais, creou unha rede provincial de espazos de coworking que a día de hoxe conta con 11 centros en funcionamento.

As subvencións do PEL 2024 poden acadar os 45.900 euros para persoas autónomas de concellos de menos de 10.000 habitantes, xa que todas as axudas do programa son compatibles entre si.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad