diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Negocios
  • Comercio

A deputada de Emprego fai balance do PEL no pleno da Cámara de Comercio de Santiago

  • 22 de mayo de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O Pleno da Cámara de Comercio de Santiago celebrou onte, na sede da empresa TELEVÉS, no barrio de Conxo, unha nova sesión plenaria.

Esta iniciativa de «deslocalización» dos Plenos camerais responde á estratexia de aperturar á Cámara ao tecido produtivo da súa demarcación territorial, coa finalidade de propiciar o coñecemento da actividade cameral e dos servizos que a entidade pon ao dispor das súas empresas, e, así mesmo, coñecer o quefacer empresarial da empresa anfitrioa e escoitar as súas demandas e necesidades.

Deste xeito, durante a sesión, na que estiveron presentes Santiago Rey, CEO de Televés Corporación e o seu Secretario Xeral, Jorge Lorenzo; a Presidenta da Cámara, María Pais, e o resto de vogais do Pleno da Cámara de Comercio, puideron coñecer de primeira man as áreas de negocio e os proxectos nos que está a traballar esta empresa líder no deseño, desenvolvemento e fabricación de solucións para infraestruturas de telecomunicacións tanto no ámbito do fogar como en edificios e cidades, que conta con máis de 20 firmas industriais e de servizos e emprega a máis de 900 persoas en distintos países. Na súa intervención, Jorge Lorenzo destacou a labor de investigación continua da Corporación o que posibilita que teñan superado os 200 rexistros de propiedade industrial, 80 dos cales son patentes de invención, así como o compromiso da firma coa I+D+i á que destinan o 7% da cifra de negocio da entidade.

A sesión contou tamén coa intervención da responsable da área de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica da Corporación provincial, Rosa Ana García López, quen destacou a labor da Cámara compostelá no desenvolvemento económico e a promoción de iniciativas empresariais innovadores e sostibles. Neste sentido, manifestou a vontade de colaboración da Deputación provincial coa entidade cameral para a posta en marcha de programas de apoio ao tecido empresarial da provincia, mediante a prestación de servizos orientación, asesoramento, acompañamento, mentorización e financiamento a persoas emprendedoras e empresas no seu proceso de desenvolvemento e consolidación.

De igual xeito informou sobre os esforzos que se están a realizar desde a Deputación da Coruña para apoiar ás empresas e persoas emprendedoras a través do Plan de Emprego Local (PEL), o cal, ten como obxectivo principal fomentar o emprego de calidade, promover o emprendemento como motor de xeración de emprego e creación de empresas, especialmente en áreas rurais, buscando así fixar poboación e mellorar o benestar social no noso territorio, contribuíndo desta forma ao desenvolvemento socioeconómico da provincia.

Neste sentido recalcou que «nos últimos oito anos, o PEL investiu máis de 106 millóns de euros en axudas e proxectos dirixidos a mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, así como á creación de máis de 6.000 empregos directos».

Pola súa banda a Presidenta da Cámara, María Pais, destacou o compromiso da Cámara «co fortalecemento do tecido empresarial e a promoción do crecemento empresarial e o emprego da demarcación cameral, traballando en estreita colaboración cos axentes clave do territorio, como é a Deputación, polo que agradeceu o compromiso compartido para lograr un desenvolvemento socioeconómico sostible e equitativo».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Vida
    • Culturas
    La Seminci reparte la Espiga de Oro entre Reichardt y Lav Diaz y cierra una edición de récord
    • 01.11.25
    • Manuel García
    • Vida
    • Culturas
    David Trueba reivindica en la Seminci el amor sin edad y las segundas oportunidades
    • 31.10.25
    • Manuel García
    • Vida
    • Culturas
    Entrevista a Luis Tosar: “Hay personajes que te obligan a explorar territorios emocionales muy alejados de tu vida”
    • 26.10.25
    • Manuel García
    • Vida
    • Culturas
    La Seminci exhibe 225 películas en su setenta aniversario
    • 24.10.25
    • Manuel García
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.