diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Más fútbol

Narón acolle a Copa Deputación da Coruña, un clásico do fútbol coruñés que estrea novo formato

  • 11 de junio de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

Narón será a sede da Copa Deputación da Coruña, un clásico do fútbol da provincia que este ano estrea novo formato. Por primeira vez, a competición enfrontará aos catro clubs masculinos e aos catro femininos vencedores das copas oficiais da Federación Galega de Fútbol na provincia, que son a Copa A Coruña, Copa Costa da Morte, Copa Ferrol e a Copa Sar.

Así o anunciou esta mañá o deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, nun acto celebrado na Deputación para o sorteo dos emparellamentos, no que tamén participaron o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Juan Luis Villamisar, o secretario da Federación, Diego Batalla, o edil de Deportes de Narón, Iván Santalla, e varios presidents dos clubs que disputarán esta competicion.

A Copa Deputación da Coruña 2024 repartirá un total de 28.000 euros en premios, recibindo 5.000 euros e un trofeo os campións, 4.000 euros os subcampións, 3.000 euros os terceiros clasificados e 2.000 euros os cuartos.

O sorteo dirimiu tanto os cruces como os horarios dos partidos, que se celebrarán no Estadio municipal de Río Seco con entrada de balde para os afeccionados e afeccionadas. Serán eliminatorias a un único partido e con quenda de penaltis para dirimir ao gañador no caso de que haxa empate ao fin do tempo regulamentario.

Este domingo 16 de xuño celebraranse as catro semifinais. O día arrincará ás 10:00 horas coa disputa do Victoria CF B – Xallas CF por un posto na final feminina. Á partires das 16:30 horas, o gañador desa primeira eliminatoria coñecerá ao seu rival, que sairá do cruce entre EFM Boiro e O Val SD.

Mentres, no cadro masculino, o San Tirso SD e o Sigüeiro CF xogarán ás 12:30 horas a primeira semifinal. O segundo enfrontamento, que pechará o día, comezará ás 19:00 horas e medirá ao Dumbría CF e a O Val SD.

A gran final será o sábado 22 de xuño e os gañadores das categorías masculina e feminina da Copa Deputación da Coruña conseguirán unha praza para a Supercopa Deputación, que disputarán cos gañadores das outras competicións homólogas que se xogan nas provincias de Lugo, Pontevedra e Ourense.

O vencedor da Supercopa Deputación participará na fase previa da Copa do Rei de fútbol a vindeira tempada.

Toda a información, resultados, incidencias e notificacións desta competición realizaranse a través da páxina web www.futgal.es e a intranet da propia federación, nunha xanela específica para a I Copa de Fútbol Afeccionado Deputación da Coruña.

Durante a súa intervención tras sortear os equipos, o deputado de Deportes, Antonio Leira, recalcou que a Copa Deputación será «unha gran festa do fútbol» que «aposta pola igualdade». «A igualdade é algo necesario en todas as facetas da vida e, polo tanto, no deporte. Ten que ser latente e demostrarse con feitos. Nesta Copa Deputación é unha igualdade de condicións, de méritos e de trofeos entre os equipos masculinos e femininos», apuntou Leira.

O responsable de Deportes tamén adiantou que a aposta polo deporte e, en concreto, polo fútbol «non remata aquí». «A Deputación ten moi claro que a mocidade debe ser a bandeira do deporte na provincia. Por iso, xunto coa Federación Galega de Fútbol, estamos a preparar a Copa Deputación da Coruña para mozos e mozas», matizou. «Esperamos poñela en marcha a partires de setembro ou outubro en categorías infantil e cadete. Consideramos que pode ser un escaparate importante e que os deportistas más xoves merecen unha copa deste estilo, cun formato parecido que terá presencia en todo o territorio», sinalou Leira

O deputado tamén quixo agradecer a colaboración da Federación Galega de Fútbol, coa que existe «unha comunicación total» e a «predisposición de Narón» para acoller o evento. Ademais, non se quixo esquecer «do traballo altruísta de directivos e directivas, para os que esta Copa Deputación da Coruña pode ser un bonito colofón á tempada».

Pola súa banda, o edil de Deportes de Narón, Iván Santalla, recoñeceu que o seu municipio «agarda cos brazos abertos» o evento. «Esperamos ter as instalacións nas mellores condicións. Desde logo, será en parte grazas á axuda da Deputación, que cofinancia moitas estruturas deportivas e suma a súa implicación cando toca investir», engadiu o edil naronés.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.