diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Más fútbol

Fan Zone e pantalla xigante en Riazor para a final da Eurocopa e como anticipo do España – Bélxica feminino

  • 12 de julio de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

Con motivo do encontro de clasificación para a Eurocopa de Nacións feminina do 2025 entre España e Bélxica do martes 16 de xullo (19.00 horas), a RFEF e o Concello instalarán esta fin de semana unha zona fan na explanada do Palacio dos Deportes de Riazor, con actividades para todos os públicos. O obxectivo desta iniciativa é animar o público a asistir a este encontro, que será a segunda visita da selección feminina ao estadio de Riazor. As entradas xa están á venda e pódense mercar en tickets.rfef.es.

Este espazo estará aberto á cidadanía e contará con actividades para todas as idades. O horario de apertura ao público será, tanto sábado coma domingo, de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.00 horas. Todas as persoas que se acheguen ata a zona fan poderán gozar de diversas actividades como un campo de fútbol 3×3, un «chutómetro», futbolíns, zona de e-sports, photocall, música en directo, animadores e retos con influencers para todos os públicos.

Ademais, a zona fan contará cunha exposición das tres copas do mundo logradas polas seleccións femininas (sub-17, sub-20 e absoluta) e o trofeo da Women’s Nations League conquistado por España o pasado 28 de febreiro. Todas as persoas que se acheguen a este espazo poderán participar en concursos e retos con agasallos. O domingo ás 21.00 horas retransmitirase a gran final da Eurocopa 2024 entre España e Inglaterra a través dunha pantalla xigante instalada para a ocasión.

Por outra banda, continúa instalada no Obelisco ata o martes que vén a mostra fotográfica sobre a vitoria do Mundial 2023 por parte da Selección. Baixo o título ‘Camino hacia la Estrella’, os coruñeses e coruñesas poden ver algunhas das imaxes máis representativas deste fito histórico para o fútbol nacional.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.