diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Más fútbol

A Deputación edita un libro que repasa a historia de 50 anos de fútbol veterano na Coruña

  • 28 de mayo de 2024
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o seu homólogo da Asociación de Fútbol de Veteranos da Coruña (AFVC), Vitorio Carreira, o deputado de Deportes, Antonio Leira, e o responsable de Relacións Institucionais da AFVC, Luís Ángel López Carro, presentaron hoxe na sede da institución provincial un libro que conmemora os 50 anos da entidade e no que se repasa, a través de distintos artigos, documentos e centos de fotografías, a historia deste medio século de fútbol veterano na comarca coruñesa.

Unha historia que comezou en 1973, cando un pequeno grupo de afeccionados ao fútbol de distintos clubs da provincia que comezaban xa a peitear canas reuníronse nun bar da rúa Barrera da Coruña para organizar o primeiro campionato de fútbol para maiores de trinta anos; unha reunión que foi o xerme da AFVC, que se constituiría oficialmente un ano despois.

«Hoxe celebramos medio século de historia e de paixón polo fútbol na Coruña», afirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que destacou o «traballo constante» da AFVC, que permitiu integrar o fútbol veterano na Federación Galega de Fútbol e sumar máis de 90 equipos, cuns 2.500 xogadores na provincia.

«É un libro que se vai demandar moito, porque nestas máis de 200 páxinas hai centos de fotografías que son parte da memoria de moitas persoas, de vínculos de amizade e compañeirismo que permanecen ao longo dos anos», afirmou Formoso, que destacou o arduo traballo de compilación de documentación realizado pola AFVC cos distintos clubs de fútbol, federación e hemerotecas para completar este proxecto.

Pola súa banda, o presidente da AFVC, Vitorio Carreira, agradeceu o apoio da Deputación, que se encargou da edición do libro e que «estiveron sempre aí, dende o inicio da idea».

«Grazas por axudarnos a cumprir este soño, detrás do cal hai un traballo de anos de compilar fotografías e documentación e que deixa un selo na historia», afirmou o presidente da AFVC, que destacou tamén o apoio da Deputación ao fútbol veterano promovendo campionatos durante moitos anos.

O libro contén un resumo da historia da AFVC e dos distintos presidentes da asociación ao longo do último medio século, o historial dos equipos e o seu palmarés, actas de distintos partidos e un extenso apartado de fotografías dos equipos do fútbol veterano coruñés dende 1973.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.