diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Más deporte

O Gran Premio Cantones, mellor proba do mundo de marcha, regresará á Coruña o 18 de maio

  • 3 de mayo de 2024
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o deputado de Deportes, Antonio Leira, recibiron esta mañá o premio á mellor organización de marcha atlética do 2023 ao Gran Premio Cantones, que realizará a súa XXXVII edición o sábado 18 de maio, a partir das 17.00 horas na cidade herculina. Concello de Deputación da Coruña recibiron o galardón de mans de Iván Sanmartín, presidente da Real Federación Galega de Atletismo.

O galardón á mellor organización foi concedido pola Real Federación Española de Atletismo e súmase a outros distintivos acadados por esta competición, como o de Patrimonio Mundial de Atletismo de World Athletics.

Aproveitando o acto de entrega, a alcaldesa puido coñecer todos os detalles da organización do vindeiro XXXVII Gran Premio Cantones de marcha atlética, organizado polo Concello xunto coa Federación Galega de Atletismo e a Deputación da Coruña. O circuíto transcorrerá polos Cantóns. Está prevista a participación de atletas de 25 nacionalidades en categoría feminina e de 22 na masculina, ademais doutras 9 na categoría de 10 quilómetros.

Un importante elenco mundial de marchadoras e marchadores participarán nesta proba. Nesta ocasión, realizarase case un mes despois do Campionato do Mundo de Marcha por equipos en Antalya, no que España lograba uns formidables resultados que evidencian o excelente nivel desta modalidade no atletismo.

Nesa edición, confirmaron a súa asistencia na proba feminina un total de sete medallistas mundiais, entre as que destaca a presenza da marchadora española bicampioa do mundo en Budapest María Pérez, quen reaparece despois da súa inoportuna lesión coa mente posta nos Xogos Olímpicos.

A expedición chinesa, sempre numerosa, estará encabezada pola bronce olímpico en Tokio-20 Liu Hong, e complétase coa presenza de Shijie Quieyang bronce mundialista en Oregón-22 e Zhenxia Ma gañadora desta proba en 2018 e 2022. A bicampioa mundial en Oregón-22 e gañadora do certame coruñés a pasada edición Kimberly García será sen dúbida outro dos grandes atractivos desta edición.

Outro dos focos importantes de atención nesta proba feminina será a que centren as marchadoras galegas Antía Chamosa e Aldara Meilán. Chamosa atópase na lista de serias aspirantes a ocupar praza olímpica.

Na categoría masculina novamente as miradas estarán centradas na actuación dos españois liderados por Alvaro Martín, flamante bicampión do mundo nas probas do 20 quilómetros e 35 quilómetros. Na pasada edición de Budapest. Xunto ao marchador pacense estarán tamén os finalistas olímpicos Marc Tur e o gañador desta proba no 2021 e terceiro en Antalya Diego García. Un potente equipo xaponés virá encabezado polo subcampión olímpico en Tokio Koki Ikeda quen estará acompañado polo campión do mundo en Oregon-22 Toshikazu Yamanishi. Un dos asiduos a Cantones, o brasileiro bronce mundialista en Budapest-23 Caio Oliveira de Sena lidera o grupo de marchadores Iberoamericanos que completan o portugués subcampión mundial o Doha-19 Joao Oliveira.

Por outra banda, nesta competición estarán en xogo as últimas prazas olímpicas. Pola parte española, decidiranse a última praza feminina e masculina do 20 quilómetros.

O Gran Premio Cantones de marcha naceu en 1987 impulsado polo entón presidente da Federación Galega de Atletismo, Sergio Vázquez. Na súa primeira competición contou coa presenza de catro medallistas olímpicos e seis medallistas e un campión europeo. Desde entón foi medrando a súa popularidade ata converterse hoxe en día unha das probas referentes do circuíto mundial.

Foi en  2005 cando se creou o Race Walking Challenge e A Coruña é a única cidade presente en todas as edicións disputadas ata o momento. Na cidade estiveron marchadores dos cinco continentes en representación de ata 71 países distintos. O Gran Premio Cantones conta coa denominación Golden Level dentro do circuíto mundial, o que o acredita na máxima categoría da competición xunto a Philadelphia (EE.UU), Dudince (Eslovaquia), Taicang (China), Dublín (Irlanda), Tokio (Xapón) Camberra (Australia) e Varsovia (Polonia).

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad