diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Más deporte

Carlos Mayo e Alice Finot, gañadores absolutos de Os 10.000 peregrinos da Deputación en Santiago

  • 6 de abril de 2024
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

Carlos Mayo e Alice Finot foron os gañadores absolutos nas categorías masculina e feminina da 10k «Os 10.000 peregrinos» da Deputación da Coruña, que esta tarde se celebrou en Santiago de Compostela.

As rúas do centro histórico de Compostela convertéronse no espectacular escenario desta carreira, na que participaron ao longo da tarde máis de 2.100 atletas de todas as idades, entre eles grandes figuras do atletismo español e internacional, con praza para os xogos olímpicos de París ou plusmarquistas nacionais.

Así, xunto con Mayo e Finot, tamén competiron deportistas como Nicolás Cuestas (que foi segundo na categoría masculina), Julius Tarus (terceiro), Rodrigue Kwizera, Abde Oukhelfen, Joseph Koech, Miguel Marques, Ester Navarrete (segunda no podio feminino), Rita Jeptoo (terceira), Mari Luz Tesuri, Himi Lamyae, Susana Godinho ou Sara Ribeiro. Pero a competición contou con diferentes probas aptas para todas as idades: 10k e 5k homologadas pola Real Federación Española de Atletismo, unha carreira de dous quilómetros en ruta para os atletas máis pequenos; e unha andaina de cinco quilómetros en ruta.

A carreira foi retransmitida en directo a través da TVG 2 e de YouTube co atleta e comunicador Juan Carlos Higuero como condutor do programa especial.

«Estamos moi satisfeitos da importante participación e repercusión desta nova edición dos 10.000 peregrinos, que queremos consolidar como a gran cita anual do atletismo en Galicia nun marco incomparable como é Santiago de Compostela», destacou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que participou na praza do Obradoiro no acto de entrega de premios aos gañadores e gañadoras da proba xunto ao deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, afirmou que esta proba de calendario internacional «é a de máis nivel de cantas se celebran a día de hoxe na nosa comunidade» e agradeceu a colaboración da Federación Galega de Atletismo e o Concello de Santiago para a organización do evento.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.