diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Más deporte

Carballo, Ordes e Brión serán as sedes do I Circuíto de baloncesto 3×3 da Deputación da Coruña durante o mes de xuño

  • 8 de mayo de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A área provincial de Deportes que dirixe o deputado Antonio Leira Piñeiro organiza a primeira edición do Circuíto de Baloncesto 3×3 Deputación da Coruña, dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2010 e 2015 que estean en posesión de licenza federativa durante o curso 2023 – 2024 e pertencentes a equipos de baloncesto da provincia.

Establécense un total de tres categorías: Preminibasquet (nados en 2014 e 2015), Minibasquet (nados en 2012 e 2013) e Infantil (nados en 2010 e 2011).

Cada club federado poderá inscribir a un máximo de 3 equipos na competición, dando prioridade a clubs sen ningún equipo inscrito, e cada un dos equipos estará integrado por un máximo de 4 xogadores e un mínimo de 3. Todos os equipos deberán contar cun responsable do club, con licencia federativa e maior de idade.

Ademais, está permitida a substitución de tan só un integrante por equipo ao longo do circuíto, por causa xustificada e solicitude ante a organización da Federación Galega de Baloncesto.

As inscricións dos equipos, que serán completamente de balde, deberán facerse a través da web da FGB na ligazón www.fegaba.com ata 20 días antes da celebración da proba. Os equipos poderán inscribirse para unha ou dúas das sedes da fase previa e o máximo de clubs inscritos por cada unha das categorías e sedes será de 16.

A primeira edición terá lugar no mes de xuño en tres concellos da provincia: Carballo o día 8, Ordes o 22 e Brión o 29.

Os partidos celebraranse en xornada única en horario de mañá e tarde e o lugar do evento determinarase o xoves antes de cada unha das probas en función da previsión metereolóxica.

A competición constará de dúas fases previas e unha fase final. A fase previa xogarase en formato de liga de grupos, cun máximo de 4 equipos, establecidos por sorteo puro a ida e volta.

Na fase final participarán os mellores 16 equipos de cada categoría en base aos puntos sumados nas dúas sedes da fase previa. Contará cun formato play – off, con cabezas de serie que se establecerán en función da clasificación na fase previa, e o resto de equipos por sorteo puro.

Os equipos máis destacados en cada unha da categorías serán agasallados cun trofeo, medallas e vales para intercambiar por material escolar en diferentes establecementos da provincia da Coruña.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.