diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Más deporte

Betanzos reúne esta fin de semana a máis de 300 piragüistas na segunda regata do Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña

  • 7 de junio de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

Betanzos acolle este sábado a segunda proba do III Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña, unha competición organizada en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo na que está prevista a participación de 13 clubs de toda a provincia e máis de 300 deportistas con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos das categorías pre benxamín, benxamín, infantil e cadete e nas modalidades de kaiak e canoa.

Trátase da segunda proba do Circuíto, tras a disputada en Pontedeume o pasado 1 de maio, e continuará con outras regatas previstas na Coruña (As Xubias, 7 de xullo), Boiro o 4 de agosto e As Pontes o 7 setembro.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, presentou hoxe o evento acompañado da alcaldesa de Betanzos, María Barral e o presidente da Federación de Piragüismo, José Bea. Tamén estiveron presentes o membro do Club Náutico Ría de Betanzos, Javier Benito; o primeiro tenente de alcalde de Pontedeume, José Simoes; o concelleiro de Deportes de Boiro, Marcos Fajardo; a presidenta do Club Deportivo Náutico Miño, Teresa María Oujo e a tesoureira, Natalia Taracido; ademais de representantes do Club Piragüismo de Narón.

Leira destacou «o éxito de convocatoria, con máis de 300 deportistas inscritos para o sábado en Betanzos, o que demostra que esta nova edición do circuíto de piragüismo da Deputación está xerando unha elevada expectación entre os deportistas e clubs de piragüismo da provincia».

Os clubs participantes nesta nova edición son o Club Rías Baixas Náutico de Boiro, o Grupo Xuvenil de As Pontes, o Club Náutico Ría de Betanzos, o Club Kayak Mar Ría Muros-Noia, a Sociedade Deportiva das Xubias (A Coruña), o Club Náutico de Cambre, o Club Deportivo Náutico de Miño, o Club Ribeiras do Tambre, o Club Cabanas KDM, o Club Náutico Firrete de Pontedeume, o Club de Piragüismo Rianxo, O Club Piragüismo Narón e a Escola de Piragüismo de Outes.

En cada unha das cinco probas establecerase o percorrido máis axeitado en función do lugar de celebración da regata, sinalizado con balizas sobre boias e tendo como referencia a distancia de 1.500 metros para benxamíns e alevíns e os 3.000 metros para infantís e cadetes.

Establécense clasificacións individuais e por equipos para cada regata, e unha clasificación final do circuíto por equipos. En cada regata entréganse medallas ou trofeo ás tres primeiras/os clasificadas/os de cada categoría e modalidade, ademais de trofeos aos tres primeiros clubs.

Ao final do circuíto repartiranse 16.900 euros en premios entre os clubs participantes, con premios especiais de 2.900 €, 2.450 € e 2.000 € para o primeiro, segundo e terceiro clasificados.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad