diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Más deporte

A Samurai Xtreme Race regresa ao lago das Pontes este 7 de xullo

  • 2 de julio de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A Samurai Xtreme Race regresa ao lago das Pontes o vindeiro domingo, 7 de xullo. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso; o presidente do Samurai Sports Club, José Rodríguez, e o deputado de Deportes, Antonio Leira, presentaron hoxe no pazo provincial a sétima edición do evento, que volve ser puntuable para o Campionato Nacional e clasificatoria para o Campionato Mundial de Carreiras de Obstáculos que se celebrará en Mamooth Lakes, Califonia (Estados Unidos) en outubro.

A Samurai Xtreme Race é una carreira de obstáculos que se desenvolve na contorna do lago pontés e conta con obstáculos naturais, como ríos ou gabias, e outros artificiais, como valados, aramados e coches. A proba celébrase desde o 2015 e este ano cumpre a súa sétima edición, para a que conta coa colaboración da Deputación da Coruña a través dun financiamento de 30.400 euros derivado da liña de subvencións para grandes eventos deportivos.

O presidente provincial destacou a consolidación da Samurai nun «espazo único como o lago» e afirmou que une «todo o mellor que ten o deporte: participación, solidariedade, traballo en común, esforzo…». Formoso trasladou o seu recoñecemento «a todas e todos os que a fan posible.

A proba está organizada polo Samurai Sports Club e contará cun percorrido de 10 quilómetros no que é preciso superar máis de 60 obstáculos. O presidente da entidade sinalou que a carreira comezou cunha inscrición de 700 persoas na súa primeira edición e que este ano xa supera as 1.200. O obxectivo é que a presenza feminina, que se incrementou ata o 40 %, acade o 50 % nun futuro próximo. Ademais, a competición non está destinada unicamente a maiores, pois a rapazada de 4 a 13 anos poderá gozar da Samurai Junior Race, que conta cun cento de pequenos anotados.

Antonio Leira apuntou, pola súa banda, que a proba reúne «valores, reto e espectáculo», polo que animou a acudir ao lago o domingo a desfrutar dela.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.