diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Más deporte

A primeira edición da Carreira Camiños da Vía Verde mestura este sábado deporte e promoción dunha infraestrutura que inicia “un percorrido apaixonante”

  • 15 de octubre de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A sede da Deputación da Coruña acolleu esta mañá a presentación da primeira edición da Carreira Camiños Vía Verde. O evento, previsto para a tarde deste sábado 19 de outubro, desenvolverase a partir de catro modalidades competitivas de diferentes distancias e categorías, ademais dunha andaina popular de cinco quilómetros.

O deputado delegado da Vía Verde e responsable de Deportes, Antonio Leira, exerceu de anfitrión da presentación, na que estivo presente a secretaria xeral da Federación Galega de Atletismo, Yolanda González. Tamén asistiron os rexedores dos concellos de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez; de Ordes, Juan Luís Martínez; de Oroso, Álex Doval; e de Tordoia, Antonio Pereiro.

Durante o acto, Leira recoñeceu que este era un día «importante» xa que permite «continuar coa promoción da vía, que é obxectivo común» das institucións. «Damos un novo paso con esta carreira, que agardamos que sexa a primeira de moitas. Estamos no inicio dun percorrido apaixonante, xa que ademais de ser un evento competitivo, pretendemos que fomente o ocio e amose as excelencias desta infraestrutura, que son moitas e moi boas», engadiu Leira.

O deputado destacou que se trata dun evento «apto para todos os públicos, non só para os habituais das carreiras populares» no que colabora o Club Atletismo Tambre. Precisamente por ese xeito de ser, medran as posibilidades de que «a xente coñeza máis e mellor esta Vía Verde e se converta en embaixadora dela». «Aínda hai moito marxe para que a Vía adquira repercusión entre a poboación», destacou.

Pola súa banda, Álex Doval, que exerceu como presidente da Asociación de Concellos da Vía Verde, apuntou que esta carreira trátase dun evento «moi demandado para todos os públicos». «O entorno é excepcional», recalcou. Mentres, Yolanda González agradeceu a implicación dos concellos e da Deputación no apoio a esta e ao resto de carreiras, «que cada vez son máis». «Esta ten especial interese, porque dá cabida a todas as persoas e a paraxe é moi, moi bonita», especificou.

A falta de máis de 48 horas para o peche do prazo de anotación, a primeira edición desta Carreira Camiños da Vía Verde conta xa con máis de 750 persoas inscritas nas diferentes modalidades. «É un dato sorprendente e que nos contenta. Nos últimos días é cando máis se anota a xente, así que a ver se podemos acadar o milleiro de inscricións. É un reto moi importante, pero sería un triunfo magnífico», explicou Antonio Leira.

As persoas interesadas en anotarse poden facelo a través da páxina web Carreiras Galegas (https://www.carreirasgalegas.com/events/i-carreira-camios-da-va-verde-deputacin-da-corua/yalqGP90) ata o mércores 16 ás 23:59 horas. A participación é gratuíta e, en función da esixencia e da idade, existen diferentes alternativas.

Así, na carreira de 10 quilómetros poden participar os e as deportistas nacidos e nacidas desde o 2008 cara atrás. A proba partirá ás 17:30 horas da Zona de Os Mallos, en Oroso, unha vez pasada a Estación do tren de Oroso-Vilacide. A meta está situada na Antiga estación de A Pontraga, no municipio de Ordes.

Mentres, as probas de dous quilómetros, un quilómetro e 400 metros están destinadas a rapaces e rapazas menores de 16 anos. Todas estas modalidades realizaranse na estación de A Pontraga. Por último, a andaina comezará ás 16:45 horas na Estación de Transmonte, un punto do percorrido característico e contará con traslado en autobús desde a meta.

A primeira edición desta Carreira Camiños da Vía Verde – Deputación da Coruña servirá para celebrar os dous anos que cumpre esta infraestrutura e potenciar a súa difusión. No pasado 2023 foron unhas 28.000 as persoas que percorreron esta senda a pé ou en bicicleta. A cifra é valorada como moi positiva por parte do deputado delegado da Vía, Antonio Leira, pero a intención é superala neste 2024 no que se lle deu un pulo á súa promoción na sociedade.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.