diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Más deporte
  • Ciudades

A I Copa de fútbol afeccionado Deputación da Coruña celebrarase en Oleiros no mes de xuño

  • 3 de mayo de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A I edición da Copa de fútbol afeccionado Deputación da Coruña reunirá no mes de xuño en Oleiros o mellor do fútbol afeccionado coruñés para disputar este campionato

Participarán na competición os equipos da categoría afeccionados, masculina e feminina, gañadores das Copas oficiais da Federación Galega de Fútbol na provincia da Coruña, que son a Copa A Coruña, Copa Costa da Morte, Copa Ferrol e a Copa Sar.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, destacou que a competición «ten como obxectivo apoiar ao fútbol modesto da provincia da Coruña a través dun torneo que reúne os gañadores das copas da provincia».

A competición terá lugar no mes de xuño en Oleiros. As semifinais celebraranse o domingo 16 e as grandes finais serán o sábado 22.

O torneo disputarase mediante un sistema de eliminatorias a un só encontro, celebrándose en dúas xornadas en formato de sede única, disputándose todos os partidos de cada xornada nun mesmo campo. En caso de empate, incluída a final, resolverase a igualdade a través dunha quenda de penaltis.

Toda a información, resultados, incidencias e notificacións desta competición realizaranse a través da páxina web www.futgal.es e a intranet da propia federación nunha xanela específica para a I Copa de Fútbol Afeccionado Deputación da Coruña.

Recibirán un trofeo os equipos campións e subcampións, masculino e feminino. A entidade provincial destinará un total de 28.000 euros en premios aos equipos participantes recibindo 5.000 euros os campións, 4.000 euros os subcampións, 3.000 euros os terceiros clasificados e 2.000 euros os cuartos clasificados.

Os gañadores deste campionato conseguirán praza para a Supercopa Deputación, que disputarán cos gañadores das outras competicións homólogas que se disputan nas provincias de Lugo, Pontevedra e Ourense. O vencedor da Supercopa Deputación participará na fase previa da Copa do Rey de fútbol.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.