diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Más deporte

A Coruña, Zas, Sada, Negreira, Oroso, Cedeira e Ribeira acollen a II edición da Copa Deputación de Balonmán na Rúa

  • 10 de abril de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O balonmán volverá estar presente nas rúas de sete concellos da provincia da man da segunda edición da Copa 5×5 Deputación da Coruña, que pretende levar este deporte a nenos e nenas de entre 6 e 11 anos dunha forma lúdica e divertida.

Esta tarde celebrouse a presentación desta competición na zona do Parrote da Coruña, onde se instalou para a ocasión unha pista de minibalonmán, nunha contorna privilexiada da cidade herculina. Asistiron ao acto o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o deputado de Deportes, Antonio Leira, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López Molina e alcaldes e concelleiros de Deportes dos sete municipios que este ano acollerán o evento: A Coruña, Zas, Sada, Negreira, Oroso, Cedeira e Ribeira.

A primeira edición desta competición tivo un éxito rotundo, coa participación de máis de 1.600 deportistas e cunha ampla presenza feminina, que superou o 60 %. Ademais, os actuais clubs de balonmán de Cerceda e Ribeira son froito desta Copa.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, subliñou o carácter innovador desta proposta, que «pretende achegar o balonmán a todos os públicos na rúa». «Con este formato seguro que moitos nenos e nenas se animan a probar este deporte, incrementando a canteira de moitos equipos da provincia e creando outros novos, como os de Cerceda e Ribeira».

O deputado de Deportes, Antonio Leira, destacou «o gran papel que desenvolve a Federación Galega de Balonmán e a súa aposta de chegar a máis concellos nos que aínda non hai escolas ou clubs estables mediante iniciativas como esta, dando a coñecer este deporte a un público que non tivo ou non ten un acceso tan fácil a este».

Pola súa banda, Bruno López, agradeceu a aposta da Deputación da Coruña por este proxecto «ambicioso e importante, que nos facilita chegar a moitas das familias da provincia, que grazas a isto poden descubrir o balonmán e todo o que o rodea».

A primeira das probas terá lugar desde deste mesmo mércores, 10 de abril, ata o domingo día 14 no Paseo do Parrote da Coruña. Os outros 6 municipios que acollerán esta competición serán os de Zas (26 – 28 de abril), Sada (3 – 5 de maio), Negreira (10 – 12 de maio), Oroso (31 de maio – 2 de xuño), Cedeira (14 – 16 de xuño) e Ribeira (20 – 22 de xuño).

Nos lugares seleccionados disporase unha pista de mini-balonmán ao aire libre, con bancadas para 250 persoas para que familias e afeccionados poidan gozar vendo en acción os máis pequenos/as.

Ademais, ao mesmo tempo, retransmitirase a competición en directo a través da canle de Youtube da FGBm na xornada final do domingo, día no que se disputan as semifinais e finais de ambas as dúas categorías. Ao remate terá lugar a entrega de medallas e trofeos e, por último, aproveitarase o directo para facer entrevistas aos protagonistas do evento.

A pista dispón de marcador electrónico, unha gran pantalla LED, megafonía, speaker e comentaristas e un dron para as tomas aéreas do evento, configurando un gran espectáculo para toda a familia no que os pequenos e pequenas deportistas serán protagonistas.

Os equipos participantes deberán ter un mínimo de 5 integrantes, ademais dun/ha responsable (de máis de 16 anos). Todas e todos os participantes recibirán un equipamento conmemorativo e os dous primeiros clasificados de cada proba en cada categoría recibirán un trofeo e medallas para todos os integrantes do equipo.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad