diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Grada Elevada
  • Más fútbol

Galicia ten fame de fútbol e suma máis equipos federados hoxe que antes da pandemia

  • 21 de septiembre de 2021
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

Hai máis fame de fútbol que nunca e en Galicia percíbese só cunha ollada aos datos. Con algunhas competicións como a Preferente xa en marcha e coas datas de inicio fixadas en todas as categorías de fútbol 11, os números falan por si sós: un total de 524 equipos, 12 máis que na tempada da prepandemia (2019-2020), formalizaron correctamente o seu rexistro entre as seguintes categorías: Preferente Galicia, Primeira Galicia, Segunda Galicia e Terceira Galicia.

Cómpre salientar tamén a aparición dun bo feixe de novos equipos que comezan a súa andaina no fútbol galego. É, sen dúbida, a constatación de que practicamente o 100% dos proxectos sobrevive. Segundo a Real Federación Galega de Fútbol é unha demostración da fortaleza do fútbol afeccionado galego e do acerto das estruturas que se crean desde a entidade que preside Rafael Louzán.

A Preferente Galicia xa se puxo en marcha esta pasada fin de semana en dous dos seus grupos e os outros dous subgrupos arrincarán a nova andaina esta próxima fin de semana. Nesta Preferente Galicia compiten un total de 50 equipos. Na Primeira Galicia, pola súa banda, serán 100 os conxuntos que disputarán a nova competición durante esta tempada 2021-2022. Un total de 211 equipos formalizaron de forma correcta a súa inscrición para competir na Segunda Autonómica, mentres que na Terceira Autonómica foron 164 os colectivos que optaron por rexistrarse para volver vestirse de curto na tempada que están a punto de principiar.

A Real Federación Galega de Fútbol comeza ademáis esta semana a poñer en práctica o Programa de Axudas  “Alento 21-22” destinado a todos os equipos que se inscribiron nas categorías do fútbol afeccionado galego: Preferente, Primeira, Segunda e Terceira Galicia.

O programa aprobado consiste na entrega de cinco balóns e material deportivo a cada equipo do fútbol modesto e tamén nunha dotación económica que varía en función da categoría. En total, a Federación vai repartir de maneira gratuíta preto de 4.000 balóns entre os equipos do fútbol afeccionado, o que supón unha partida superior aos 70.000 euros.

O Programa Alento inclúe tamén unha axuda económica por participación. Neste sentido, estanse a elaborar as bases da convocatoria, que será trasladada aos clubs para que poidan dispoñer desa subvención o antes posible.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.