diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Grada Elevada
  • Más deporte

A etapa decisiva da proba ciclista O Gran Camiño disputarase entre Betanzos e Santiago de Compostela co apoio da Deputación da Coruña

  • 3 de enero de 2025
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O Gran Camiño 2025, a proba ciclista herdeira da Volta a Galicia, pecharase este ano na provincia da Coruña. Farao o domingo, 2 de marzo, nunha etapa con saída en Betanzos e meta en Santiago de Compostela que será a derradeira das cinco que compoñen o itinerario da proba, con etapas en Portugal e nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

Así se desvelou este venres na presentación da etapa, celebrada no Liceo da cidade betanceira e na que estivo presente o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; o deputado de Deportes, Antonio Leira; a alcaldesa, María Barral; e o exciclista e organizador da proba, Ezequiel Mosquera e representantes dos equipos locais Club Ciclista Betanzos e Club Caimanes Betanzos.

Durante a súa intervención, Formoso quixo poñer en valor «a dobre alma» da proba. Unha dobre alma que é «deportiva e histórica, no relativo á vinculación co Camiño de Santiago». «Sen esta unión ao Camiño sería unha proba moi interesante, pero unha proba ciclista máis. O Camiño de Santiago dálle un importante empaque histórico», destacou o presidente, para quen o feito de que a última etapa do campionato ciclista discorra entre «a capital histórica do antigo Reino de Galicia e a capital estatutaria actual» convértea na «etapa das capitais» e outórgalle ao evento aínda máis compoñente histórico.

Valentín González Formoso recalcou que «a Deputación sempre está apoiando todos os eventos que axudan a poñer en valor o deporte porque para o deporte fai mellores persoas». Ademais, quixo agradecer á organización a posibilidade que lle outorgou á Deputación para «facer realidade un pequeno sono para Betanzos, un municipio moi vinculado ao ciclismo».

Fíxoo despois de que a alcaldesa betanceira, María Barral, recoñecese que a labor da Deputación da Coruña foi fundamental para que o seu municipio conte cunha proba moi «demandada». «Quero dar as grazas á organización e á Deputación da Coruña por apostar, como sempre, polo deporte, polo ciclismo e por cidades como Betanzos. De non ser por esa aposta quizais non poderíamos contar con probas deste nivel e que a nosa veciñanza poida gozar de algo tan espectacular como a saída dunha etapa dunha proba desta relevancia, que vai moito máis aló da nosa comunidade autónoma», destacou a rexedora.

Pola súa banda, Ezequiel Mosquera explicou que O Gran Camiño ten a posibilidade de «levar o deporte de primeiro nivel á porta das casas». «Sobre todo, a porta de casas como as de Betanzos, que ademais de toda a historia que ten e que debemos contar aos de fóra, conta cunha importante tradición ciclista», engadiu. Mosquera adiantou que a etapa coruñesa non será de montaña nin tampouco contrarreloxo, pero «será moi espectacular».

Polo momento, o Gran Camiño desvelou que a súa primeira etapa correrase por primeira vez en Portugal, entre as localidades de Maia e Matosinhos e que esta quinta e derradeira etapa do 2025 unirá Betanzos con Santiago de Compostela.

Nas súas catro edicións, O Gran Camiño tense consolidado como a gran proba de referencia do ciclismo galego, reunindo en cada edición a algúns dos principais equipos e estrelas do ciclismo a nivel nacional e internacional, como o danés Jonas Vingegaard, dobre gañador do Tour de Francia e gañador da proba nos últimos dous anos, Alejandro Valverde, Egan Bernal, Richard Carapaz ou o galego Carlos Canal.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad